Península de Musandam

A Península de Musandam é unha pequena península do leste da Arabia que, xunto cos territorios adxacentes, constitúe un exclave omanita. O territorio limita ao norte polo Estreito de Ormuz, do outro lado do cal se estende a costa do Irán, a leste polo Golfo de Omán, a sur e oeste polos Emiratos Árabes Unidos e a oeste polo Golfo Pérsico. A principal cidade é Al-Khasab.

Vista satélite da península de Musandam