Pemex

empresa petroleira paraestatal mexicana

Pemex (Petróleos Mexicanos) é unha empresa mexicana estatal adicada á explotación, extracción, refino e venda de produtos petrolíferos. Pemex á a maior empresa de México e a segunda máis grande de América despois da brasileira Petrobras.

Pemex

Torre Pemex en Cidade de México.
TipoEmpresa produtiva do estado
Fundación1938
MatrizEstado mexicano
LocalizaciónCidade de México, México
FundadorLázaro Cárdenas del Río
IndustriaPetróleo e Gas
Beneficio128 671 millóns de dólares (2012)
Beneficio neto-13 303 millóns de dólares (2013)
Número de empregados138 215 (2011)
Na rede
http://www.pemex.com
Facebook: Pemex Twitter: pemex Instagram: pemex Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pemex en Galiza editar

 
Botadura de Orgullo Petrolero en Navantia Ferrol.

Pemex investiu en 2015 cinco millóns de euros na compra do 51% do estaleiro Barreras de Vigo[1]. En 2014 contratou a construción de dous floteis en Galiza: Reforma Pemex e Orgullo Petrolero, cun custo duns 150 millóns de euros cada un. Un buque construído en Barreras Vigo e outro en Navantia Ferrol[2].

En 2012 a empresa tiña chegado a un acordo para a construción en Punta Langosteira dunha terminal petroleira de 30.000 metros cadrados cun orzamento de 26,5 millóns de euros e un pantalán por outros 30,5 millóns[3].

Notas editar