Pel de lobo

obra literaria de Xosé Miranda

Pel de lobo é unha novela de Xosé Miranda, galardoada co Premio Merlín 2002.

Pel de lobo
Título orixinalPel de lobo
Autor/aXosé Miranda
OrixeEspaña
LinguaGalego
ColecciónColección Fóra de Xogo
Tema(s)Relato fantástico
Xénero(s)Infantil e xuvenil
EditorialXerais
Data de pub.Outubro de 2002
FormatoRústica cosido a fío [1]
Páxinas112
ISBNISBN 978-84-8302-865-0
editar datos en Wikidata ]

Os protagonistas son Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé, que van á procura dun lobo enorme, unha besta que comeu varios nenos, na vila do Incio, e acaban por descubrir a maldición de dúas irmáns feitizadas polo seu pai, as que salvan, impedindo así máis mortes.

Trama editar

Xosé e o seu pai son contratados para matar unha manda de lobos no Incio e en especial, a un lobo xigantesco que xa comera a varias persoas. Alá coñeceron a Eduardo Vázquez-Queipo, o home que os mandara contratar. El tiña dúas fillas: Ana, e Aurora.

Saen á vila seguindo as pegadas dos lobos e ven unhas enormes, que seguen ata que se perden e non ven máis ca pegadas humanas de pés descalzos. Esa noite o cura da vila promételles que o domingo na misa pediralle á xente que se una nunha montería. Máis tarde Ana e o cura discuten, xa que Ana defende os lobos e culpa os homes de que lles teñan envexa porque son libres. Cando Xosé esperta ve un gran lobo branco mirándoo con ollos de tristeza.

Inician a procura de novo e aparéceselles o gran lobo, que os ataca sen eles poder defenderse, xa que as balas non o atravesaban. A noite do día seguinte poñen un cebo na aldea e todos os homes se encontraban escondidos cando de repente aparece o lobo branco que atacou a xente e prodúcese un incendio.

O día da montería reúnense todos para intentar cazalos, pero cos ruídos dos disparos o cabalo de Xosé comezou a correr ata que o tirou e el foi ameazado polos lobos e traizoado polo seu can, aínda que grazas a iso puido descubrir que os lobos eran Ana e Aurora, xa que anos atrás o pai inconscientemente lles lanzara unha maldición, pero queimaron a pel dos lobos e así foron liberadas.

Finalmente, Aurora e Xosé casan. Dise que Ana marchou a Madrid, aínda que Xosé non o cre, xa que di que viu o lobo negro meses despois de que ela marchase.

Xosé cóntalles a historia aos seus netos porque afirma seguir vendo a gran besta negra.

Estrutura editar

O personaxe principal é Xosé, un neno de caracterización plana, 17 anos e con dotes de tirador. Hai varios personaxes secundarios, algún deles e o pai de Xosé, chamado Fulxencio Nóvoa, un importante tirador de lobos, moi solicitado. Outros personaxes importantes son as irmás Ana e Aurora, as fillas de Eduardo Vázquez-Queipo, que finalmente resultan ser os grandes lobos asasinos. Na historia tamén aparecen outras persoas como Rosa dos Chantos, que é un hermafrodita que ás veces cre que é home e outras que é muller. Oreste é o que os foi buscar para comentarlles o seu problema. Hai outros personaxes dos que non di nome, pero que aparecen na historia como o cura do pobo.

O narrador da obra encóntrase dentro da historia, xa que é o protagonista e fala en primeira persoa.

Traducións editar

  • Ao catalán por Josep Franco Martínez co título de Pell de llop publicado en 2004 pola Editorial Bromera[2].
  • Ao castelán por María Dolores Torres París co título de Piel de lobo publicado en 2004 por Algar Editorial[3].

Notas editar

  1. Dispoñible, tamén, en formato electrónico ePub.[1]
  2. Ficha Arquivado 21 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  3. Ficha Arquivado 21 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar