Os pedunculados (Pedunculata), constitúen unha orde de crustáceos da clase dos maxilópodos, subclase dos cirrípedes.

Son animais mariños filtradores que viven fixos a superficies duras como rochas na zona intermareal ou a obxectos flotantes (madeiras, barcos, boias, botellas etc.) e que son coñecidos como percebes en sentido amplo.

Bioloxía editar

Algunhas especies destes percebes son peláxicas e se encontran con frecuencia en madeiras ou outros obxectos flotantes. As especies intermareais dependen máis do movemento da auga que dos movementos dos seus cirros para alimentarse, polo que se encontran fundamentalmente en costas expostas (caso dos percebes propiamente ditos, e dos arneiros).

Mitoloxía editar

 
A "árbore dos ánades" de John Gerard (1597), mostrando a crenza de que os gansos se orixinaban dos percebes.

Antes do coñecemento preciso da migración das aves, pensábase que as barnaclas ou gansos de cara brancos (Branta leucopsis), se desenvolvían a partir destes crustáceos. De aí proceden os nomes ingleses de goose barnacle e barnacle goose, e o nome científico Lepas anatifera (do latín anas, "pato", e o elemento -fera, "a que leva", derivada do verbo ferre, levar).

A confusión estaba causada polas (supostas) similitudes en cor e forma, e como, con frecuencia, os percebes encóntranse fixos á madeira flotante, asumíase que esta madeira procedía de supostas árbores que caía á auga.

O monxe galés Giraldus Cambrensis realizou esta afirmación na súa Topographia Hiberniae.[2]

 
Lepas anatifera.

Taxonomía editar

A orde divide nas seguintes subordes e familias:[3]

Heteralepadomorpha Newman, 1987
Iblomorpha Newman, 1987
Lepadomorpha Pilsbry, 1916
Scalpellomorpha Newman, 1987

Notas editar

  1. Pedunculata no ITIS. (en inglés)
  2. Beatrice White (1945): "Whale-hunting, the barnacle goose, and the date of the Ancrene Riwle". Three notes on Old and Middle English. The Modern Language Review 40 (3) pp. 205–207 Ver en liña
  3. Joel W. Martin & George E. Davis (2001):An Updated Classification of the Recent Crustacea. Natural History Museum of Los Angeles County, 132 pp. Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine. (PDF)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brusca, R.C. e Brusca, G. J. (1990): Invertebrates. Sinauer Associates: Sunderland, MA (USA). ISBN 0-87893-098-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar