Pedro Voces Canóniga
guerrilleiro antifranquista
Pedro Voces Canóniga, nado en Vilaboa (Cacabelos) no ano 1907 e finado en Vilavella (Triacastela) o 12 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Vilaboa, España |
Morte | 12 de novembro de 1943 (35/36 anos) Vilavella, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Pitaciega |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Traxectoria editar
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Formou parte cos seus irmáns Salvador e Demetrio dun grupo chamado Os Pitaciegas activo preto da aldea de Quilos (Vilafranca do Bierzo). En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Foi abatido pola Garda Civil en Vilavella o 12 de novembro de 1943 xunto con Félix Yáñez González e Antonio Vega Guerrero. O outro membro do grupo, Ovidio Peláez Rodríguez, logrou fuxir, pero morreu uns meses despois durante un combate na provincia de León.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.