Pedro Tertuliano Hervella Nieto
Pedro Tertuliano Hervella Nieto, nado na Rúa o 23 de marzo de 1891 e finado no Barco o 27 de agosto de 1970, foi un xornalista e escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1891 ![]() A Rúa, España ![]() |
Morte | 27 de agosto de 1970 ![]() O Barco de Valdeorras, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Antonio Hervella Martínez ![]() |
Pai | Antonio Hervella Ferreira ![]() |
Irmáns | Evelina Hervella Nieto ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Antonio Hervella Ferreira. Estudou o bacharelato no instituto de Valladolid. Estudou Dereito na Universidade Central, licenciándose en 1913. Exerceu como avogado no partido xudicial do Barco. Colaborou en revistas xurídicas (Astrea e Revista de Legislación y Jurisprudencia), no periódico El Sil do Barco, en Aquiana de Ponferrada e foi correspondente de Ideal de Madrid (1912) onde asinaba co pseudónimo Fray Marcelo, Correo de Galicia, El Noroeste (1922) e Vida Gallega. Foi director e intérprete de obras teatrais representadas no Liceo Artesano (1911) e Círculo Católico de Obreros do Barco (1916).[1]
Recoñecementos
editarEn 1980 o Instituto de Estudos Valdeorreses elixiuno como primeiro Valdeorrés Ilustre. A sección de historia do IEV creou un premio de investigación que leva o seu nome.
Notas
editar- ↑ "Pedro Tertuliano Hervella, pionero de investigadores", La Voz de Galicia, 11-3-1989, p. 29.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía na web do concello do BarcoArquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.