Pedro Riesco

futbolista español

Pedro Riesco Herrera, nado en Madrid o 25 de outubro de 1969, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.

Pedro Riesco
Información persoal
Nome Pedro Riesco Herrera
Nacemento 25 de outubro de 1969 (54 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1993 Rayo Vallecano 85 (14)
1993–1996 Deportivo da Coruña 18 (1)
1994–1995Valladolid (cedido) 15 (1)
1995–1996Albacete (cedido) 25 (4)
1996–1998 Alavés 64 (5)
1998–1999 Ourense 18 (4)
1999–2003 Terrassa
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pedro Riesco comezou a destacar xogando no Rayo Vallecano, a tempada 1991–92, en Segunda División. Os oito goles que conseguiu esa campaña contribuíron a que o seu equipo lograse o ascenso. Debutou en Primeira División o 5 de setembro de 1992, ante o Valencia CF. O seu rendemento esa tempada, o mellor da súa carreira deportiva na máxima categoría –35 partidos e seis goles– espertou o interese de clubs como o Real Madrid ou o Atlético de Madrid, pero finalmente foi o Deportivo da Coruña quien se fixo cos seus servizos, a cambio de 100 millóns de pesetas e un contrato de tres anos.

O equipo galego estaba construíndo un cadro de xogadores mítico, o Súper Dépor, e Riesco atopouse cun técnico, Arsenio Iglesias, que tiña plenamente cuberta a dianteira do equipo con Bebeto, Claudio Barragán e Javier Manjarín. Ese ano o Deportivo perdeu a liga na última xornada, pero Pedro Riesco pouco puido contribuír no subcampionato: xogou 18 partidos, só un como titular, e conseguiu un gol.

Na seguinte tempada o Deportivo reforzou a súa dianteira con Emil Kostadinov e Julio Salinas, co que Riesco quedou relegado ao ostracismo. Tras negociarse infrutuosamente a súa marcha ao Racing de Santander e ao SD Compostela, finalmente foi cedido ao Real Valladolid durante o mercado de inverno. No equipo castelán xogou até xuño de 1995, participando en 15 partidos, nos que marcou un tanto. Na tempada 1995–96 afrontou unha nova cesión, esta vez ao Albacete Balompié –tamén en Primeira División–, onde xogou 25 partidos e anotou catro dianas.

No verán de 1996 abandonou definitivamente a disciplina do Deportivo e firmou polo Deportivo Alavés, daquela en Segunda División. No club vitoriano xogou con regularidade –64 partidos e cinco goles– durante dúas tempadas, logrando o ascenso a Primeira en 1998. Esa mesma campaña o equipo alcanzou as semifinais da Copa do Rei tras apear ao Real Madrid, nun histórico partido no estadio Santiago Bernabéu, cun gol de Riesco.

Coa carta de liberdade na man, tras finalizar o seu contrato de dous anos co Alavés en xullo de 1998, Pedro Riesco foi contratado polo CD Ourense co que xogou un ano en Segunda División. Descartado ó termo desa campaña, chegou a un acordo co Terrassa FC, que daquela militaba en Segunda División B. Co equipo catalán logrou o ascenso a Segunda División en 2002 e o seu regreso á categoría de prata estivo marcado polas lesións, e só xogou 88 minutos, polo que ao finalizar a tempada 2002–03 colgou as botas. Máis tarde aceptou o cargo de responsable do fútbol base do club egarense, que desempeñou durante a tempada 2003–04.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar