Pedro Herrera

futbolista vasco

Pedro María Herrera Sancristóbal, nado en Bilbao o 17 de xullo de 1959, é un exfutbolista vasco, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Infotaula de personaPedro Herrera
Biografía
Nacemento(es) Pedro María Herrera Sancristóbal Editar o valor em Wikidata
17 de xullo de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Athletic Club
1978-1981 SD Erandio Club (en) Traducir
1981-1982 Unión Deportiva Salamanca 37(4)
1982-1988 Real Zaragoza 155(18)
1988-1989 Real Club Celta de Vigo 19(3) Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAnder Herrera Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Athletic de Bilbao e no Erandio. Debutou en Segunda División no UD Salamanca con quen ascendeu a Primeira División. O ano do ascenso ficha polo Real Zaragoza, onde xogou as seguintes seis tempadas sendo unha peza importante do equipo.

Ao finalizar a tempada 1987-88 obtén a carta de liberdade do Zaragoza e ficha polo Celta de Vigo. En Vigo realiza moi boa tempada, rematando o equipo na oitava posición. Porén, a comezos do seguinte ano e tras moitas molestias diagnosticóuselle roturas na cartilaxe do xeonllo polo que ten que deixar a práctica do fútbol.

Pedro Herrera pasa a ser secretario técnico do club, posto que ocupou ata o ano 1993 cando ficha polo Real Zaragoza para o mesmo posto. Un dos seus maiores logros foi a fichaxe do xogador balcánico Vladimir Gudelj. O Celta nomeou a Javier Maté para substituílo na secretaría técnica do club.

Na actualidade Pedro Herrera segue ocupando o cargo de secretario técnico en Zaragoza.

O seu fillo Ander Herrera tamén e futbolista.

Equipos editar

Ano Club
1981-1982 UD Salamanca
1982-1988 Real Zaragoza
1988-1989 Celta de Vigo

Palmarés editar

Título Ano Club
Copa do Rei 1985-86 Real Zaragoza

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar