Pedro Fernández de Castro

Pedro Fernández de Castro, finado no sitio de Alxeciras en 1343[1], foi un nobre galego do século XIV señor da casa de Lemos. Desde 1328 foi Pertegueiro Maior da terra de Santiago e encomendeiro do bispado de Lugo, en 1331 é nomeado Adiantado Maior do Reino de Galiza. Recibiu de Afonso XI a vila de Monforte de Lemos co seu señorío e o título de Mordomo Maior do Rei no 1332, no 1333 recibe tamén a titulación de Adiantado Maior da Fronteira de Andalucia.[2]

Infotaula de personaPedro Fernández de Castro

Retrato do século XVII de Pedro Fernández de Castro.
Biografía
Nacemento1290 Editar o valor em Wikidata
Morte1343
Alxeciras
Lugar de sepulturaMosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes 
Mayordomo mayor of the King of Castile (en) Traducir
Adelantado mayor de Murcia (en) Traducir
Adelantado mayor de la frontera de Andalucía (en) Traducir
Pertegueiro maior de Santiago
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes"O da guerra"
País de nacionalidadeReino de Galiza
Actividade
OcupaciónAristócrata e militar
Familia
FamiliaCasa de Castro Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBeatriz de Portugal, Isabel Ponce de León e Aldonça Suarez de Valadares (sen matrimonio).
ParellaAldonza Lourenzo de Valadares Editar o valor em Wikidata
FillosInés de Castro, Xoana de Castro, Fernán Ruiz de Castro e Alvar Peres de Castro.
PaisFernando Rodrigues de Castro Editar o valor em Wikidata  e Violante Sánchez of Castile (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsXoana Fernández de Castro Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Castro-102

Traxectoria editar

 
Escudo da Casa de Castro.

Ao morrer seu pai Fernando Rodríguez de Castro, é enviado a Portugal, onde se cría xunto ao infante Afonso IV. Tras a súa crianza regresa a Galiza, poñéndose ao coidado da facenda herdada no ano 1319.

Despois foi nomeado mordomo maior da corte castelá. Casou primeiro con dona Beatriz de Portugal, con quen non tivo descendentes. Desposou logo á señora de Villanueva de los Infantes, Castrelo y Espinosa, dona Isabel Ponce de León, enxendrando a Fernán Ruiz de Castro “Toda a lealdade de España” e Xoana de Castro “a desamada”.

Da súa unión extramatrimonial coa dama portuguesa Aldonza Lourenzo de Valadares tivo dúas fillas e un fillo:

A súa sepultura atópase no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Armesto, Victoria (1969). Galicia Feudal. Galaxia. p. 309. ISBN 8471541874. 
  2. "Xenealoxia da linaxe Castro de Lemos s.XII-XIV". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 22/02/2018. 

 
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.