Pedrafita do Casal

menhir en Casal, Campos, Melide

Coordenadas: 42°53′56″N 8°02′34″O / 42.898816594648, -8.0427208951834

A Pedrafita do Casal é un gran megálito, construído en gneis ou "ollo de sapo", dunha altura duns 5 m, aínda que á vista só mide 3,5 m. Está situado na aldea do Casal, parroquia de Campos, no concello de Melide.

Pedrafita do Casal.
Pedrafita e aldea do Casal.

Foi atopada no 2012 durante a remodelación dun valado. Actualmente está situado na mesma parcela onde foi atopado, a escasos 200 m do castro de Campos. O acceso é doado, xa que se atopa á beira da estrada. Aínda que nun primeiro momento se dubidou se podería trataría dun esteo dunha anta ou monumento similar, hoxe a idea da súa construción como elemento exento parece a máis probable[1], sendo un dos exemplares de maior envergadura dos megálitos de Galicia.

Notas editar

  1. Pedra do Casal na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar