Pedestal

soporte prismático para soster unha columna, unha escultura ou algún obxecto

En arquitectura, denomínase pedestal ou peaña[1] o soporte prismático destinado a soster outro soporte maior, conformando a parte inferior dunha columna. Xeralmente, componse de tres partes:

  • zócolo
  • dado ou neto
  • cornixa
Cruceiro do Hío cun pedestal en forma de mesa

Cando o pedestal é corrido, e sustenta unha serie de columnas, chámase estilóbata, a parte superior deste denomínase estereóbata, e pode está adornado con molduras.

Dáse tamén o nome de pedestal a todo soporte en forma de columna curta e ancha que sostén unha estatua ou obxecto análogo. Pola súa banda, chámase pedículo cando a base funciona como pé, ou pequena columna, en que se apoia un obxecto maior que ela, por exemplo, unha pía bautismal ou un púlpito.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pedestal.