Peñón de Vélez da Gomera

Coordenadas: 35°10′20″N 4°17′59″O / 35.17222, -4.29972

O Peñón de Vélez da Gomera (en castelán: Peñón de Vélez de la Gomera) é unha península e praza de soberanía española, orixinalmente illa rochosa ata o terremoto de 1930, situada no norte de África, a 126 km ao oeste de Melilla e a 117 km ao sueste de Ceuta, unida ao continente por unha estreita franxa de area.

Peñón de Vélez da Gomera
Localización de Vélez da Gomera
Vista do Peñón de Vélez da Gomera, desde a costa marroquí
Situación
PaísEspaña España
MarMediterráneo
Xeografía
Superficie0,019 km²
Punto máis alto87 m
Distancia a terra4 km (da costa de Marrocos)
Demografía
PoboaciónNon permanente

Ten unha extensión de 19.000 m² aproximadamente e unha altitude máxima de 87 m sobre o nivel do mar. O límite que separa España de Marrocos por Vélez da Gomera constitúe a fronteira máis pequena do mundo, con apenas 85 metros de lonxitude. Actualmente e de forma permanente está habitado con efectivos de varias unidades do Exército de Terra de España.

Localización editar

Esta illa é un dos enclaves militares de España no norte de África, na costa que se estende entre Ceuta e Melilla, cuxa posesión retivo España logo da independencia do Protectorado Español de Marrocos, debido ao feito de que a súa posesión databa de datas anteriores á propia existencia do reino marroquí e non estaba xa que logo suxeita ao protectorado.

Historia editar

O territorio ocupárono os españois por primeira vez o 23 de xullo de 1508, cando unha escuadra española mandada por Pedro Navarro aniquilou ao poderoso núcleo de piratas que o defendían. En 1522 Muley Mohamed, señor do territorio no que se atopaba o Peñón conseguiu apoderarse do mesmo. Finalmente, o 6 de setembro de 1564, García Álvarez de Toledo y Osorio, marqués de Villafranca e Vicerrei de Cataluña, recupera o Peñón para España por orde de Filipe II. O Peñón de Vélez da Gomera mantívose ininterrompidamente baixo soberanía española desde ese momento. En 1921, no contexto da Guerra de Marrocos, decídese reforzar a presenza española no mesmo.

En 1930 o antigo illote rochoso quedou unido a terra firme polos efectos dun terremoto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar