Pavelló Olímpic de Badalona

Coordenadas: 41°26′33″N 2°13′56″L / 41.442414, 2.232144

O Pavelló Olímpic de Badalona (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como Palau Municipal d'Esports de Badalona (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona) é unha instalación deportiva de Badalona (Cataluña) adicada especialmente á disputa de partidos de baloncesto. Foi a instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, onde se realizou a competición de baloncesto, e actualmente é o recinto onde disputa os seus partidos como local o Club Joventut de Badalona. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto.

Pavelló Olímpic de Badalona
Cataluña Palau Olímpic
Datos
LocalizaciónBadalona, Cataluña
Outros nomesPalau Municipal d'Esports
Construción
Inauguración17 de setembro de 1991
ArquitectoEsteve Bonell e Francesc Rius
Custo35 millóns de
Estadio
Superficie26.000
Capacidade12.500 espectadores
PropietarioAjuntament de Badalona
LocalíaClub Joventut de Badalona (ACB)
Eventos

Estrutura editar

O Pavillón consta de catro niveis. O nivel inferior corresponde á pista central de xogo, pistas interiores de adestramento, vestiarios, salas de prensa e almacéns. En nivel inmediatamente superior está destinado a oficinas onde se desenvolven traballos comerciais e de administración. O nivel principal é o destinado ao aceso ás bancadas e ten un amplo pasadizo que circunda o recinto, distribuídos por este pasadizo sitúanse diversas areas de servizos e bares. Desde o mesmo pasadizo é por onde se accede á parte superior das bancadas.

Ten unha capacidade para 12.500 persoas. Tamén serviu para aloxar grandes concertos musicais, nos que o aforamento se ampliou implantando bancadas provisionais na área de xogo.

Historia editar

Foi inaugurado en 1991 baixo deseño dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius con motivo da celebración do torneo de baloncesto dos XXV Xogos Olímpicos, porque foi a sede durante toda a competición de baloncesto durante os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. O pavillón acolleu ao Dream Team, a selección norteamericana considerada como o mellor equipo da historia, con nomes como Michael Jordan, Magic Johnson, Charles Barkley ou Larry Bird. Desde a tempada 91/92, o pavillón tamén acolle os partidos do primeiro equipo do Club Joventut de Badalona da Liga ACB. É unha das mellores instalacións de baloncesto de Europa, polo que popularmente é coñecido como a Catedral do Baloncesto. Tamén é escenario de numerosos concertos e actos multitudinarios. En 1997 foi unha das sedes do XXX Campionato Europeo de Baloncesto Masculino.

 
Aspecto do pavillón en outubro de 2008.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar