Pauliña

cantante galega


Paula Chaves, coñecida polo seu nome artístico Pauliña,[1] é unha cantante, compositora e actriz galega de Cambados, Pontevedra.[2][3][4]

Infotaula de personaPauliña
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz , compositora , presentadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: paulinhachavesperez Instagram: punkita_ Spotify: 7k2PezEzSzzHV2z8pm5u9M iTunes: 975616869 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empezou a cantar e compoñer xa de nova en Cambados e arredores, despois marchou unha tempada a Inglaterra en Eastbourne onde tamén continuou a súa carreira musical. Volveu tempo despois a Galiza onde se afincou en Santiago de Compostela, na capital conseguiu subirse aos escenarios xunto a Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Fosi (DeLombaos) ou Zënzar. Cando xa comezaba a ter éxito nas redes sociais a banda NAO propúxolle colaborar no seu disco Cartas no caderno que a levou a tocar con eles en grandes festivais. Despois de marchar a Ourense por motivos laborais, en 2018 lanzou o seu primeiro disco De-Xeneración coa discográfica Xonix Records e a finais dese mesmo ano lanzou o EP Decideu non ser de ninguén, no que colaborou con Valtònyc.[2][3]

Tras o éxito dos primeiros proxectos, no 2020 lanzou o seu segundo disco A Malfalada, mesturando o country coa música folk, rock e o blues, en colaboración cunha banda de músicos veteranos formada por: Iago Jorge (batería), Lolo Arincón (baixo), Paco Montoto (teclado) e Julián Gullón (guitarra).[2]

No 2022 actuou na película de Ángel de la Cruz O home e o can, na que tamén é a autora da canción orixinal.[5]

Discografía editar

Álbums editar

Sinxelos editar

Actriz editar

  • O home e o can (2022), de Ángel de la Cruz.

Notas editar

  1. "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-11-09. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "PAULIÑA". xonixrecords.wixsite.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2023. Consultado o 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Pauliña". descubreas.com. Consultado o 2023. 
  4. "Pauliña". gzmusica.com. Consultado o 2023. 
  5. Diario, Nós (2022-08-22). "Paula Chaves, 'Pauliña': "En ningún sitio se vive como na Galiza"". Nós Diario. Consultado o 2023-11-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar