Paul Vidal de la Blache

xeógrafo francés

Paul Vidal de la Blache, nado en Pézenas, Herault (Languedoc) o 22 de xaneiro de 1845 e finado en Tamaris-sur-Mer, Provenza o 5 de abril de 1918, foi un xeógrafo francés, considerado como o pai da Xeografía rexional.

Infotaula de personaPaul Vidal de la Blache

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Paul Vidal de La Blache Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1845 Editar o valor em Wikidata
Pézenas, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte5 de abril de 1918 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
La Seyne-sur-Mer, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure (1863–1866)
Lycée Charlemagne (en) Traducir
French School at Athens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeógrafo , cartógrafo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosHenri Baulig (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAntoine Vacher (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJoseph Vidal de la Blache Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Formación editar

Durante a súa estada en Atenas realizou diversas viaxes polo Mediterráneo que espertaron a súa curiosidade xeográfica. Nesa época leu a obra de Alexander von Humboldt e a de Carl Ritter. A súa tese doutoral (1872) estivo dedicada aos epitafios gregos da Asia Menor, e grazas á mesma foi nomeado profesor da universidade de Nancy entre 1873-1877. Máis tarde o foi da École Normale Supérieure de París en 1877-1878 e, logo, catedrático de xeografía na Sorbona entre 1898-1909, onde demostrou grande interese pola historia antiga.

A obra de Vidal de la Blache editar

Preocupouse pola acción humana sobre o medio físico no que está inmerso e, en certa maneira, polas diferentes modalidades de adaptació a unhas condicións físicas máis ou menos difíciles. Foi un dos promotores dos estudos de xeografía rexional en Francia, mediante os seus discípulos Jules Sion, Jean Brunhes, Albert Demangeon ou Emmanuel de Martonne, que conformaron o que se denominou a Escola Xeográfica Francesa. Creou e dirixiu a revista Annales de Géographie (1891) e dirixiu a colección Geographie Universelle.

Vidal de la Blache foi non só un precursor da xeografía rexional francesa, senón aínda do estudo da rexión e da comarca (pays) como áreas onde se efectúan as relacións entre fenómenos físicos (milieu) e humanos (genre de vie, modo de vida), que dan lugar a unha paisaxe particular (paysage). Combateu decididamente o determinismo ambiental, que posteriormente Lucien Febvre denominaría posibilismo, e foi partidario dunha aproximación científica aos fenómenos de tipo indutivo e historicista.

Obras editar

  • Hérode Atticus. Étude critique sur la vie, (1872)
  • États et nations d'Europe (1881)
  • La terre, géographie physique et économique, (1883)
  • Atlas général d'histoire et de géographie (1894)
  • Tableau de la géographie de la France,(1903)
  • La France de l'Est, (1917)
  • Principes de géographie humaine (1918).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar