Paul Samuelson

economista estadounidense

FPaul Anthony Samuelson, nado o 15 de maio de 1915 e finado o 13 de decembro de 2009, foi un economista norteamericano que recibiu o Premio Nobel de Economía en 1970.

Paul Samuelson
Nome completoPaul Anthony Samuelson
Nacemento15 de maio de 1915 e 1915
Lugar de nacementoGary
Falecemento13 de decembro de 2009 (94 anos)
Lugar de falecementoBelmont (Massachusetts)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterHyde Park Academy High School, Universidade de Chicago, Universidade Harvard e Universidade Harvard
Ocupacióneconomista, catedrático e escritor
IrmánsRobert Summers
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Premio Nobel de Economía, Medalla Nacional de Ciencia, Medalha John Bates Clark, membro honorário, membro honorário, Honorary Fellow of the Royal Society, Gibbs Lecture, membro honorário, Fellow of the Econometric Society, doctor honoris causa of Keiō University, honorary doctorate from the Pontifical Catholic University of Peru, honorary doctor from the NOVA University Lisbon e honorary doctorate of the Polytechnic University of Valencia
Na rede
WikiTree: Samuelson-344 Find a Grave: 45395727 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Paul Anthony Samuelson naceu en Gary, Indiana, o 15 de maio de 1915, no seo dunha familia xudía, aínda que non practicante. Estudou economía na Universidade de Chicago na que se graduou en 1935. Doutorouse na Universidade Harvard en 1941 so a supervisión de Joseph Schumpeter e Wassily Leontief. Foi profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e membro da Econometric Society, da American Economic Association e da International Economic Association.

A súa obra máis importante é Foundations of Economic Analysis (Fundamentos de Análise Económica, 1947), que se considera coma unha das obras fundamentais das ciencias económicas modernas, que desenvolve en termos matemáticos. É tamén autor dun manual de economía moi coñecido, Economics: An Introductory Analysis (Economía: unha análise introdutoria, 1948). O seu traballo ten sido cualificado como a "grande síntese neoclásica" de John Maynard Keynes e os seus antecesores.

Samuelso estudou tamén o dominio da teoría dos xogos e a programación lineal (Linear Programming and Economic Analysis, 1958, en colaboración con Robert Dorfman e Robert Solow); a economía do benestar e a análise da dinámica económica. Foi un dos un dos economistas que desenvolveu as curvas de indiferenza, que permiten o estudo da utilidade marxinal. Ocupouse aínda dos problemas da economía real.

Foi asesor dos presidentes norteamericanos John Fitzgerald Kennedy e Lyndon Baynes Johnson. En 1970 recibiu o Premio Nobel de Economía pola análise dos procesos económicos e o desenvolvemento dinámico de modelos de decisión económica.

Galardóns editar

  • 1947, Medalla John Bates Clark.
  • 1970, Premio Nobel (Economía).

Publicacións (selección) editar

  • Foundations of Economic Analysis. Harvard University Press. 1947, 2. Ed., 1982.
  • Economics. 1948.
  • "Interactions between the Multiplier Analysis and the Principle of Acceleration" in Review of Economics and Statistics, maio 1939, páxs. 75-78.
  • "International Trade and the Equalization of Factor Prices" in Economic Journal, Nr.58, xuño 1948, páxs. 163-84.
  • Samuelson P.A., Dorfman Robert, Solow Robert, Linear Programming and Economic Activity, 1958.
  • "A Note on the Pure Theory of Consumers' Behavior" in Economica NS, Nr.5, febreiro 1938, páxs.61-71.
  • "The Pure Theory of Public Expenditure" in Review of Economics and Statistics, novembro 1954, páxs. 387-89

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar