Paul Percy Harris

xurista estadounidense

Paul Percy Harris, nado o 19 de abril de 1868 en Racine, Wisconsin, e finado o 27 de xaneiro de 1947 en Chicago,[1] Illinois, foi un avogado estadounidense, fundador do primeiro Rotary Club en 1905 e o primeiro presidente do Rotary International.[2]

Infotaula de personaPaul Percy Harris

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1868 Editar o valor em Wikidata
Racine, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMount Hope Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton
University of Iowa College of Law (en) Traducir
Universidade de Vermont
Universidade de Iowa (pt) Traducir
Black River Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , avogado Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJean Thomson de Harris

WikiTree: Harris-13716 Find a Grave: 8009119 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vida persoal editar

Fillo de pais de vida pouco regrada, dende os 3 anos, Paul Percy Harris xunto co seu irmán máis vello, foi criado polos seus avós paternos, Harold e Pamela en Wallingford, Vermont. Neno e mozo traveso, era o terror da cidade acabou expulsado de dúas escolas superiores, en Ludlow e en Rutland.

Trala educación secundaria, estudou na Universidade de Vermont, de onde foi expulsado en 1886 por un incidente nunha sociedade secreta. No outono de 1887, marchou á Universidade de Princeton. Debido á morte do seu avó na primavera de 1888, non regresou aos estudos até o outono seguinte. Pouco despois, trasladouse a Des Moines, Iowa, onde foi aprendiz nun bufete de avogados. Tras rematar o período de aprendizaxe, estudou dereito na Universidade de Iowa, conseguindo a licenciatura en xuño de 1891.

Durante os cinco anos seguintes, decidiu coñecer Estados Unidos e tivo traballos ocasionais. Traballou como reporteiro, cowboy, profesor na Los Angeles School of Business, porteiro de hotel, vendedor de granito e mariñeiro.[3] En 1896, mudouse a Chicago, converténdose nun coñecido avogado, e estableceuse en Morgan Park, onde viviu o resto da súa vida (agás o veráns en Míchigan e os invernos en Alabama durante os seus derradeiros anos).[4]

Harris buscaba relacións persoais e espirituais significativas amais dos seus éxitos persoais. Aínda que asistía os domingos aos servizos relixiosos, visitaba moitas igrexas diferentes sen centrarse nunha única congregación. Posteriormente, afirmaría que as súas afiliacións relixiosas eran difíciles de etiquetar:

"Realmente non teño afiliación a ningunha igrexa... Non me clasifico doadamente; é dicir, as miñas convicións non son as desa natureza definida para unha afiliación sincera coa dirección xeral das igrexas... Por suposto, nestes días, un pode escoitar as predicacións na radio e, xeralmente, escoito 3 ou 4 sermóns cada domingo"

O 2 de xullo de 1910, casou en chicago con Jean Thomson, unha escocesa natural de Edimburgo (Escocia) que coñecera nun club local de natureza. Jean, viaxou con el por todo o mundo en apoio do Rotary Club, e axudou a facer das mulleres unha parte importante do Rotary, o que propiciou que foran admitidas como membros de pleno dereito. A parella non tivo fillos e permaneceron casados ata o falecemento de Paul. Jean faleceu en 1963, na súa cidade natal.[2]

 
Os 4 fundadores do Rotary Club (de esquerda a dereita): Gustavus Lauer, Silvester Schiele, Hiram Shorey e Paul Haris

Creación do Rotary editar

Unha noite Paul Harris, foi cear cun compañeiro da oficina e dunha camiñada que fixeron trala cea, xurdiu a idea do que se tornaría o Rotary. Naquel paseo o seu amigo parou en varios establecementos comerciais para cumprimentar os propietarios e lles presentar a Paul. O feito de que os clientes do seu anfitrión transformáranse en amigos entrou na mente de Paul Harris e nunca máis saíu. O Rotary foi creado cinco anos máis tarde como un club onde se producían relacións profesionais que se puidesen transformar en amizade.[5] A primeira reunión ocorreu na sala 711 do Edificio Unity, en Chicago, composta polos catro fundadores: Paul Harris, Silvester Schiele (un comerciante de carbón), Hiram Shorey (xastre comerciante) e Gustavus Loehr (enxeñeiro de minas).[6]

Cando era neno, Paul Harris estudara en escolas de elite, onde os alumnos tiñan pouca ou ningunha preocupación co diñeiro. Mais ao cursar dereito no estado de Iowa coñeceu compañeiros máis vellos que traballaran duro para poder pagar seus estudos. Posibelmente, este contacto impresionou a Paul Harris, pois nos primeiros Rotary Clubs foron formados por homes de negocios que conquistaron o que tiñan polo seu propio esforzo, os self-made men.

Paul Harris tamén é o nome que se lle deu ao título de recoñecemento máis importante concedido polo Rotary International.

Obras editar

  • The Founder of Rotary (1928)
  • The Rotarian Age (1935)
  • My Road to Rotary (1948)
  • Peregrinations (3 vols.)[7]

Recoñecementos editar

Pola importante contribución en materia de prestación de servizos humanitarios, e axuda no establecemento da paz e da boa vontade no mundo, o Concello de Lisboa homenaxeou Paul Harris, un dos fundadores do Rotary, atribuíndo o nome deste a unha rúa de Lisboa, na freguesía de São Domingos de Benfica.[8]

Notas editar

  1. "Paul Percy Harris". findagrave.com (en inglés). Consultado o 24-04-2019. 
  2. 2,0 2,1 Revista Brasil Rotário. "Paul P. Harris". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  3. Rotary Club de Salto. "Paul Percy Harris, fundador do Rotary International". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  4. Harris, Paul P. (1948). My Road to Rotary. A. Kroch & Son. 
  5. Rotary International. "A vida de Paul Harris". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  6. "Paul P. Harris Rotary’s Founder". rotaryhba.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05-05-2019. Consultado o 24-04-2019. 
  7. Harris (1995), p. IX
  8. Comisión Municipal de Toponímia, Toponimia lx Paul Harris, Marzo 2015.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dareau, Laurent (2002). Paul Harris, pionnier d'un monde nouveau (en francés). Clermont-Ferrand: Un, Deux…Quatre éditions. ISBN 978-2-913323-50-6. OCLC 470238984. 
  • Harris, Paul Percy (1996). Honoring Our Past: The Words and Wisdom of Paul Harris (en inglés). (Antoloxía). Evanston (Illinois): Rotary International. ISBN 0-915062-12-7. 
  • Levin, Marc (1995). Histoire et histoires du Rotary. IBF. 

Ligazóns externas editar