Patxi Xabier Lezama Perier

escultor e escritor vasco

Patxi Xabier Lezama Perier, nado en Zalla o 20 de xuño de 1967[1][2] é un escultor e escritor vasco, forma parte da nova xeración de escultores vascos[1] e é un dos renovadores da escutura vasca da segunda metade do século XX.[3][4] A súa obra está motivada pola interrelación do simbólico e o mitolóxico[4][5][6] cunha forte compoñente surrealista que o afasta das vangardas abstractas presentes en Jorge de Oteiza ou Néstor Basterrechea.[4]

Infotaula de personaPatxi Xabier Lezama Perier
Nome orixinal(eu) Patxi Xabier Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Zalla (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , escritor , artista Editar o valor em Wikidata
MovementoSurrealismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFran Lezama Perier Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4748126

É irmán do pintor Fran Lezama Perier.

Traxectoria editar

É coñecido polo seu traballo en escultura na que nos primeiros momentos empregou como materia a terracota cun estilo figurativo.[7]

Na década de 1980, mudou á madeira e adoptou a temática do totemismo,[8][9] e comezou a se interesar pola cultura vasca.[6] En 1989, realizou Zaldi, unha obra surrealista, case totémica, na que mesturou a tradición mitolóxica vasca na que a divindade vasca, Zaldi, adopta a forma dun cabalo e aparece en múltiples lendas. Esta obra, converteuse nun símbolo do pacifismo ao mesmo tempo que lembraba o bombardeo da súa vila pola Lexión Cóndor alemá durante a Guerra civil española.[4][10] No 2021, fixo doazón da escultura ao Museo das Encartaciónes, ao entender que se pechaba un círculo ao empregara como materia da obra, madeira procedente da restauración do edificio.[11][12]

Tras esta primeira etapa, moi efémera, na década de 1990, evolucionou cara á abstracción e cambiou, de novo, a outros materiais que pasan a ser a pedra e, sobre todo, o ferro forxado, de ampla resoancia na cultura vasca, e cun estilo que foi evolucionando cara á abstracción.[7] Desta época é Amalur,[2][13] a súa primeira escultura abstracta e cuxo título "Nai Terra" está inspirado na mitoloxía vasca,[3] que será a gran temática a desenvolver dende esa etapa e na que a pedra e o ferro, recrean un xeito de universo ancorado na terra.

A partir da década do 2000, comezou unha etapa experimental na que as anteriores liñas curvas deron paso a ritmos máis surrrealistas con maior movemento e realizados en madeira,[1][8] ao mesmo tempo que se incrementou o interese pola arte e a cultura vasca.[3]

En décadas posteriores, amplíou os seus intereses a outros campos que van dende a literatura ata o deseño,[2][3][14][15] así como a creación a partir do uso de aplicacións de intelixencia artificial[4][5] como Midjourney.[16]

Obra escrita editar

  • 2018, Euskal Mitologia. Traducido a castelán, inglés e alemán.[17]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 AUÑAMENDI EUSKO ENTZIKLOPEDIA. "Patxi Xabier Lezama Perier". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus. Consultado o 12 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Moreno, Víctor; Ramírez, María E.; Oliva, Cristian de la; Moreno, Estrella (31 de decembro de 2021 [actualizado o 2 de xuño de 2022]). "Patxi Lezama". buscabiografias.com. Biografía de Patxi Lezama. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Redacción (17 de setembro de 2022). "Lezama, el artista de la mitología vasca". nortexpres.com (en castelán). Nortexpres. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Kunst + baskische Mythologie". baskultur.info (en alemán). 11 de maio de 2023. Consultado o 12 de xullo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 Etxeberria Cayuela, Paula (6 de maio de 2023). "El artista Xabier Lezama crea la mitología vasca del futuro con inteligencia artificial". noticiasdenavarra.com (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 Redacción (15 de novembro de 2022). "Patxi Lezama, el artista de la mitología vasca". euskalnews.com (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  7. 7,0 7,1 Coolturamagazine. "Un escultor en la mitología vasca". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2020. Consultado o 02 de abril de 2020. 
  8. 8,0 8,1 Salazar López, Angie (11 de novembro de 2022). "Xabier Lezama". historia-biografia.com (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  9. Ane (6 de marzo de 2023). "The Basque Country has preserved numerous legends that account for ancient mythology / El País Vasco ha conservado numerosas leyendas que dan cuenta de la mitología antigua.". basque.press. Consultado o 12 de xullo de 2023. 
  10. Redacción (20 de novembro de 2022). "El simbolismo antibélico de Xabier Lezama". nuevatribuna.es. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  11. Castrejana, Elixane (22 de maio de 2021). "Lezama dona 'Zaldi' al Museo de las Encartaciones". deia.eus (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  12. Isusi Zuazo, Koldo (8 de febreiro de 2022). "Patxi Lezamaren 'Zaldi' Enkarterriko Museoan". bizkaie.biz (en éuscaro). Bizkaie. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  13. Ferrera Cuesta, Carlos (9 de marzo de 2021). "Amaiur: la sangre de una tierra yerma". storymaps.arcgis.com (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  14. Redacción (24 de outubro de 2019). "Mitología vasca. «Historia de los mitos y deidades del universo mitológico vasco»". redhistoria.com (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  15. Trosien & Loeser (2019), p. 78.
  16. Torralba Rodriguez, Naroa (1 de xullo de 2023). "Ikurrak funtsezkoak dira oraindik ere". berria.eus (en éuscaro). Berria. Consultado o 12 de xullo de 2023. 
  17. Lezama Perier, Patxi Xabier. "Euskal Mitologia". euskaltzaindia.eus. Consultado o 11 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Trosien, Viktoria; Loeser, Nicole (2019). The Social Art Award. We are the People-Peaceful Revolutions (en inglés). Svjetlana Tunguz and Institute for Art and Innovation. ISBN 978-3-9819114-2-8. 

Ligazóns externas editar