Patxi Lazcoz
Patxi Lazcoz Baigorri, nado en Pamplona o 30 de agosto de 1965, é un político do País Vasco que foi alcalde de Vitoria polo Partido Socialista de Euskadi dende as eleccións municipais de 2007 até xuño de 2011. Aínda que naceu en Pamplona, dende moi novo trasladouse a Vitoria.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1965 (58 anos) Pamplona, España |
Alcalde de Vitoria | |
16 de xuño de 2007 – 11 de xuño de 2011 ← Alfonso Alonso – Javier Maroto → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Licenciado en Dereito, a súa incursión na actividade política comezou en 1991, cando foi elixido concelleiro do Concello de Vitoria. Ao longo do sete primeiros anos ocupou distintas responsabilidades, quedando como concelleiro sen delegación en 1998 ao romper os acordos entre o Partido Socialista e o Partido Nacionalista Vasco, quen ocupaba a alcaldía. En 2003 Patxi Lazcoz foi cabeza de lista do PSE-EE ao concello vitoriano e voceiro do seu grupo municipal. En 2007, o PSE obtivo a maioría relativa nas eleccións municipais, sendo elixido alcalde.
Nas últimas eleccións celebradas en 2011 presentouse á reelección, pero o seu partido pasou a ser a terceira forza política, perdendo a alcaldía. Desde entón exerce como voceiro do grupo municipal do PSE-EE no concello de Vitoria.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Patxi Lazcoz, o primeiro alcalde socialista da historia de Vitoria, El Correo Digital.