Patriot Act

lei antiterrorista estadounidense

A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001.

O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo. Do mesmo modo a lei tamén promulgou novos delitos e endureceu as penas por delitos de terrorismo[1].

A Lei Patriótica foi duramente criticada por diversos organismos e organizacións de dereitos humanos, debido á enorme restrición de liberdades e garantías constitucionais que supuxo para a cidadanía, tanto estadounidense como estranxeira[2][3][4][5].

A renovación do 2005 editar

As estipulacións máis restritivas de dereitos desta lei foron inicialmente sancionadas como normas provisorias de emerxencia ata o 31 de decembro de 2005. Nos meses previos á data límite, os sectores defensores da Lei Patriótica comezaron a meter presión para que as limitacións dos dereitos e garantías constitucionais fosen permanentes. A mediados de 2005 as dúas cámaras do Congreso aprobaron proxectos de reforma radicalmente distintos: mentres que o Senado deixaba sen efecto a maior parte das limitacións, a Cámara de Representantes mantiña a lei orixinal case sen alteracións, dándolle carácter permanente. Ambos os proxectos foron finalmente compatibilizados nunha comisión bicameral, eliminándose a maior parte das normas de restablecemento dos dereitos que contemplaba o proxecto do Senado, sendo sancionada polo Congreso o 2 de marzo de 2006 e promulgada como lei polo presidente George Walker Bush o 9 de marzo. Senadores de ambos os partidos criticaron duramente a emenda, sostendo que afectaba ás liberdades constitucionais.[6].

Notas editar

  1. "USA PATRIOT". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de maio de 2012. 
  2. National Public Radio. "The Patriot Act: Alleged Abuses of the Law" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 17 de julio de 2009. 
  3. Amnistía Internacional Estados Unidos. "Civil Rights and the "War on Terror"" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 17 de julio de 2009. 
  4. Human Rights First. "Assessing the New Normal: Liberty and Security for the Post-September 11 United States" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2007. Consultado o 17 de julio de 2009. 
  5. American Civic Liberties Union. "USA PATRIOT Act" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2009. Consultado o 17 de julio de 2009. 
  6. ""SAFE Act Co-Sponsors say PATRIOT Act Conference Report Unacceptable."". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007. Consultado o 22 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

McCarthy, John. "From Democracy to Dictatorship (Civil Liberties vs. Patriot Act & Martial Law)". John McCarthy, 2005. Consultado o 31-dic-2007. 

Ligazóns externas editar