Dominio real francés

(Redirección desde «Patrimonio da Coroa de Francia»)

O dominio real francés (en francés Domaine royal), tamén coñecido como terras da coroa ou patrimonio da coroa de Francia refírese ás terras, feudos e dereitos directamente posuídos polos reis de Francia.[1][2] [3]

Francia a finais do século X. En violeta, o dominio real.

Mentres que o termo terras da coroa de Francia acabou refiríndose a unha unidade territorial, o dominio real francés orixinariamente referíase á rede de "castelos, aldeas, leiras, bosques, cidades, casas de relixión e bispados, e os dereitos de xustiza, portádegos e impostos" efectivamente ostentados polo rei ou baixo o seu dominio.[4]

En termos de territorio, antes do reinado de Henrique IV, o domaine royal non abarcaba a totalidade do territorio do Reino de Francia, e durante a maior parte da Idade Media significativas porcións do Reino eran posesión directa doutros señores feudais.

Nos séculos X e XI, os primeiros capetos —sendo reis de Francia— estiveron entre os menos poderosos dos grandes señores feudais de Francia en termos do territorio posuído. Pacientemente, a través do uso da lei feudal (e, en particular, a confiscación de feudos de vasalos rebeldes, a conquista, a anexión, hábiles matrimonios con herdeiras de grandes feudos, e incluso por compra), os reis de Francia puideron incrementar o seu dominio real. Na época de Filipe IV, o significado de "dominio real" comezou a pasar de ser unha mera colección de terras e dereitos a unha unidade territorial fixa,[5] e no século XVI o "dominio real" comezou a coincidir con todo o territorio do Reino. Porén, o sistema medieval de apanaxe (unha concesión dun feudo cos dereitos das terras polo soberano aos seus fillos menores (non aos delfíns, que revertería á coroa ao extinguirse a liña masculina descendente do titular orixinal) alleou amplos territorios do dominio real e ás veces creou rivais perigosos (especialmente no Ducado de Borgoña nos séculos XIV e XV).

Durante as guerras de relixión de Francia criticouse con frecuencia a alleación de terras e feudos do dominio real. O edito de Moulins (1566) declarou que o dominio real (definido no segundo artigo como toda a terra controlada pola coroa durante máis de dez anos) non podía allearse, excepto en dous casos: con vinculacións, no caso dunha emerxencia financeira, cunha opción perpetua de recomprar a terra, e para formar unha apanaxe, que debería regresar á coroa no seu estado orixinal cando se extinguira a liña masculina.

Tradicionalmente, esperábase que o rei mantivera as súas necesidades vitais a partir das rendas xeradas polo dominio real, pero as necesidades fiscais, especialmente en tempos de guerra, levaron aos reis a promulgar impostos "especiais", como a taille, sobre a totalidade do Reino (a taille fíxose permanente en 1439).

Cronoloxía da formación do dominio real

editar
 
O Reino de Francia en tempos de Hugo Capeto. O dominio real francés en azul.

Ao comezo do reinado de Hugo Capeto, o patrimonio da coroa era extremadamente pequeno e estaba formado, en esencia, por unha serie de posesións dispersas nas rexións da Île-de-France e o Orleanesado (Senlis, Poissy, Orléans), con outras bolsas illadas, como Attigny. Estas terras foron en gran medida a herdanza dos robertianos, os directos antecesores dos capetos.

  • 1016: adquisición do Ducado de Borgoña. O rei era sobriño do duque Henrique de Borgoña, que morreu sen herdeiros.
  • Roberto gañou os Condados de París, Dreux e Melun, e negociou a última adquisición (1055) dunha parte de Sens.[6]
 
O Reino de Francia en 1030. Dominio real francés en azul.

Reinado de Filipe I

editar

Reinado de Lois VI

editar

Reinado de Lois VII

editar
 
O Reino de Francia en 1154. Dominio real francés en azul escuro.
 
As conquistas territoriais de Filipe II de Francia. 1180, Francia na época do seu nacemento; 1223, Francia no momento da morte deste rei.

Reinado de Lois IX

editar

Reinados de Filipe IV, o Fermoso e os seus fillos

editar

Reinado de Xoán II

editar

Reinado de Carlos V

editar

Reinado de Lois XI

editar
 
Mapa de Francia en 1477.

Reinado de Lois XII

editar

Desde o reinado de Francisco I, o concepto de "dominio real" comeza a coincidir co reino francés en xeral; a apanaxe da Casa de Borbón, aínda así, continuou alleada.

  • 1620: O rei emite un edito, incorporando o reino de Navarra á coroa de Francia. En diante, mentres algunhas prerrogativas e o nome se mantiveron, o reino de Navarra (Baixa Navarra e Bearn) xa non foi nunca un reino separado.
  1. Jean-François Sirinelli, dir. e Daniel Couty, conselleiro ed. (1999) : "domaine royal" Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en Dictionnaire de l'histoire de France. Volume 2 A-J. Paris: Armand Colin. ISBN 978-2-0350-5085-4, p. 367. Consultado o 30 de novembro de 2017.
  2. Charansonnet, Alexis (2006): "domaine royal" en Jean-François Sirinelli (dir.) Dictionnaire de l'histoire de France. Paris: Larousse. ISBN 978-2-0358-2634-3, p. 268. Consultado o 30 de novembro de 2017.
  3. Hallam 1980, pp. 79 e 247.
  4. Hallam 1980, pp. 80-82.
  5. Hallam 1980, p. 247.
  6. Hallam 1980, p. 82.
  7. 7,0 7,1 Hallam 1980, p. 250.
  8. 8,0 8,1 Hallam 1980, p. 157.
  9. 9,0 9,1 9,2 Hallam 1980, p. 158.
  10. 10,0 10,1 10,2 Hallam, 158.
  11. 11,0 11,1 Hallam, 248.
  12. 12,0 12,1 Hallam, 250.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar