Pato Guillén
Patricio Guillén Gandini, coñecido coma Pato Guillén, nado en Montevideo o 28 de decembro de 1984, é un futbolista uruguaio. Xoga na demarcación de gardameta e o seu equipo actual é o Compostela.
Pato Guillén | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Patricio Guillén Gandini | ||
Nacemento | 28 de decembro de 1984 (39 anos) | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Gardameta | ||
Información de club | |||
Club actual | Compostela | ||
Número | 1 | ||
Carreira xuvenil | |||
River Plate Montevideo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2007 | River Plate Montevideo | 33 | (0) |
2007–2008 | Cerro | 5 | (0) |
2008–2009 | Racing Club | 1 | (0) |
2009–2010 | Atlético Monzón | 36 | (0) |
2010 | Binéfar | 0 | (0) |
2010–2011 | La Muela | 8 | (0) |
2011–2014 | CD Ourense | 105 | (0) |
2014–2015 | Barakaldo | 33 | (0) |
2015–2016 | Compostela | 36 | (0) |
2016–2017 | Boiro | 35 | (0) |
2017–2019 | UD Ourense | 74 | (0) |
2019– | Compostela | 76 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de marzo de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse nas categorías inferiores do CA River Plate Montevideo, debutando co primeiro equipo na tempada 2003/04. Despois de pasar por varios equipos uruguaios coma CA Cerro ou Racing Club pasou ao fútbol español, fichando en 2009 polo Atlético Monzón. A continuación xogou no CD Binéfar e pasou logo por varios equipos de Segunda B: CD La Muela, CD Ourense, Barakaldo, Compostela e Boiro, estando unha tempada en cada un deles excepto no Ourense, no que xogou tres anos.
En 2017 foi unha das fichaxes estrela da UD Ourense, equipo de Preferente, creado só tres anos antes como herdeiro do desaparecido CD Ourense.[1] Foi clave no ascenso á Terceira División e na primeira tempada do club en dita categoría.[2] En xullo de 2019 volveu ao Compostela,[3][4] sendo titular en todos os partidos e contribuíndo ao ascenso á Segunda B ao remate da tempada.[5]
Palmarés editar
- CD Ourense
- Terceira División (1): 2011/12.
- Compostela
- Terceira División (1): 2019/20.
Notas editar
- ↑ "Pato Guillén y Alfredo, refuerzos de lujo para la UD Ourense". Faro de Vigo (en castelán). 2 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "Pato Guillén: "Preferí marcharme"". La Región (en castelán). 10 de outubro de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "Pato Guillén regresa ao Compos". 13 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "Pato Guillén y David Soto completan el rompecabezas del Compostela". El Correo Gallego (en castelán). 14 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ Calvo, Naso (26 de xullo de 2020). "El Compostela ya está en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Traxectoria do xogador (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).