Patrician é unha serie de videoxogos de PC, desenvolvidos por Ascaron. É un simulador de comercio marítimo en tempo real por cidades do norte de Europa, como Londres, Hamburgo, Oslo, Lubeck e outras cidades, inspirado na antiga Liga Hanseática que existiu a finais da Idade Media, formada por comerciantes afiliados ós seus gremios, (XIV e XV). Esta serie conta con máis dun millón de xogadores en todo o mundo.

A serie conta cos seguintes títulos:

Tamén existe unha versión online do xogo chamada Patrizian Online, que ata o momento só se atopa en alemán.