Patricia Grace

escritora neozelandesa

Patricia Frances Grace, nada en Wellington o 17 de agosto de 1937, é unha escritora maorí neozelandesa de novelas, contos e libros infantís. Ademais de ser unha figura pioneira e influente da literatura nacional e de ser premiada en numerosas ocasións, Grace converteuse en 1975 na primeira escritora maorí en publicar unha colección de relatos co seu libro Waiariki (este termo refírese a un electorado maorí parlamentario de Nova Zelandia establecido para as eleccións de 1999, substituíndo ao electorado Te Tai Rawhiti).

Infotaula de personaPatricia Grace

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Patricia Gunson Editar o valor em Wikidata
17 de agosto de 1937 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Wellington Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , escritora de literatura infantil , novelista , escritora de contos Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosBriar Grace-Smith (en) Traducir, Kohai Grace (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dende que comezou a dedicarse en exclusiva á escritura na década de 1980, Grace escribiu varias obras que exploran a vida e a cultura maorís, empregando a lingua propia en todas elas. A súa novela máis famosa é Potiki (1986).

Traxectoria editar

De pai maorí e nai católica irlandesa, Grace naceu o 17 de agosto do 1937 en Wellington, Nova Zelandia.[1][2] Creceu nos arrabaldes de Melrose, onde o seu pai construíra a casa familiar, e tamén pasaba tempo coa súa familia paterna en Hongoeka, a terra natal do seu pai.[1][3]

Estudou na escola de St. Anne en Wellington, lugar no que, segundo afirmacións posteriores, foi vítima de racismo. Grace explicou que de moza non aprendeu a falar maorí porque só se falaba en eventos formais coma o tangi (cerimonias funerarias tradicionais dos maorís) e que, ao intentalo de adulta, atopou numerosas dificultades.[4] Empezou a ler obras de autores neozelandeses unha vez rematado o instituto e comezou a escribir aos 25 anos, mentres traballaba como profesora en North Auckland.[5]

Grace publicou o seu primeiro conto na revista bilingüe Te Ao Hou, The Dream en 1966 e, en 1979, a canle neozelandesa South Pacific Television creou unha serie televisiva baseada nel.[6][7] Outros dous relatos desta etapa inicial foron publicados na revista neozelandesa New Zealand Listener.[5] Tras estas primeiras publicacións, a autora recibiu a proposta dunha editorial para traballar nunha colección de relatos curtos.[1]

1975-1990 editar

En 1975 viu a luz o seu primeiro libro, Waiariki, unha compilación de dez relatos que exaltan a diversidade da vida e cultura maorís.[5] En 1978, Grace publicou a súa primeira novela, Mutuwhenua: The Moon Sleeps, baseada nas experiencias dos seus pais, e que relata a historia da relación entre unha muller maorí e un home Pākehā (neozalandés de orixe europea) e os prexuízos raciais que tiveron que afrontar (Mutuwhenua refírese ao último día de lúa nova no ciclo lunar dos maorís).[5][1] En 1980 publicou unha segunda compilación de relatos: The Dream Sleepers and Other Stories.[5]

En 1985 recibiu unha bolsa da Universidade Victoria en Wellington grazas á cal puido dedicarse en exclusiva á escritura e rematar a que sería a súa novela máis exitosa, Potiki (1986), que relata como unha comunidade maorí se opón á urbanización por parte do sector privado do seu territorio ancestral e aos intentos dun promotor para mercalo.[5][1]

Grace tamén impulsou activamente a arte maorí nos anos 80 como membro fundador de Haeata, un colectivo de mulleres artistas maorís fundado en 1983 a través do cal orientou ás mozas na súa traxectoria artística e participou en exposicións grupais como Karanga Karanga (1986), a primeira exposición dunha obra colaborativa de artistas maorís nun museo público[8][9].

1990-2015 editar

A súa terceira novela, Cousins (Primos) (1992), conta a historia de tres primos ó longo das súas diferentes etapas vitais. Ao igual que a cultura maorí no seu conxunto, céntrase na whakapapa e nos lazos familiares máis que no éxito do individuo, e reflicte os aspectos problemáticos da historia de Nova Zelandia (whakapapa é un elemento crítico no establecemento da identidade do pobo maorí, relacionado coa xenealoxía ao ser un principio fundamental que abarca a totalidade deste pobo).[10] A súa cuarta novela foi Baby No-Eyes (1998), narrada por unha nena que morreu antes mesmo de nacer xunto con algúns membros da súa familia nun accidente de coche, na que se entrelaza o drama familiar con problemas maorís contemporáneos.[11] Posteriormente publicou Tu (2004), unha novela baseada nas experiencias do batallón maorí en Italia durante a segunda guerra mundial, en particular as do seu pai e outros familiares que formaron parte del.[9][11]

En 2006, Grace publicou a súa primeira colección de relatos curtos dende 1987, Small Holes in the Silence, e en 2008 publicou un libro infantil ilustrado polo seu irmán, Maraea and the Albatrosses.[12]

2015-presente editar

A sétima novela de Grace foi Chappy (2015), que encabezou a lista dos libros máis vendidos de Nova Zelandia e está dedicada ao seu defunto marido.[12][13] Trátase dunha saga familiar que relata a historia de amor entre un home xaponés e unha muller maorí, a través de múltiples narradores e de xeito non linear.

A súa autobiografía, From the Centre: a Writer’s Life, publicouna en 2021. Nese mesmo ano estreouse unha adaptación cinematográfica homónima da súa novela Cousins (1992).[11] Ademais, Grace presidiu o xurado do Premio Sargeson, o galardón de relato curto máis importante de Nova Zelandia.

Premios e honras editar

A maior parte das obras de Grace foron galardoadas ao longo da súa carreira. O seu primeiro libro, Waiariki (1975), recibiu o Premio Conmemorativo Hubert Church ao mellor primeiro libro de ficción de PEN NZ.[5] Por outra banda, Potiki (1986) recibiu dous premios: o Premio Literario de Nova Zelandia na categoría de ficción (1987) e o Premio LiTeraturpreis (1994).[5][14] The Kuia and the Spider (1981) conseguiu o galardón ó Libro Gráfico Infantil do Ano nos Premios Editoriais do Goberno de Nova Zelandia.[5] Todo isto culminou no ano 2007, cando a autora foi nomeada Compañeira Distinguida da orde do Mérito de Nova Zelandia (DCNZM) polos seus servizos á literatura.[15]

Vida persoal editar

En 2014, Grace gañou unha batalla legal grazas á cal o territorio da baía Hongoeka foi declarado reserva maorí protexida polo tribunal de Nova Zelandia.[1][16] Na actualidade realiza voluntariado en grupos iwi (as unidades sociais máis grandes da cultura maorí en Nova Zelandia) levando a cabo, entre outras, labores de xestión de plans de traballo para desempregados.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Catherall, Sarah (2021-05-07). "Patricia Grace turns her pen on herself". Stuff (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  2. "Patricia Grace | Biography, Books, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  3. "Patricia Grace - From The Centre". RNZ (en inglés). 2021-05-11. Consultado o 2023-05-10. 
  4. "The Interview - Patricia Grace". Academy of New Zealand Literature (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Robinson, Roger; Wattie, Nelson, eds. (1998-01-01). The Oxford Companion to New Zealand Literature (en inglés) (1 ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-558348-9. doi:10.1093/acref/9780195583489.001.0001. 
  6. "Patricia Grace Ngāti Toa, Ngāti Raukawa, Te Āti Awa". www.komako.org.nz. Consultado o 2023-05-10. 
  7. "THE DREAM TE AO HOU, JUNE 1966, PAGE 14". paperspast.natlib.govt.nz. Consultado o 2023-05-10. 
  8. "Haeata | NZHistory, New Zealand history online". nzhistory.govt.nz. Consultado o 2023-05-10. 
  9. 9,0 9,1 "Patricia Grace: Tu, A Novel". NZ Herald (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  10. McConnell, Glenn (2021-02-20). "Patricia Grace's novel, Cousins, finally makes it to the big screen". Stuff (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "| Read NZ". www.read-nz.org. Consultado o 2023-05-10. 
  12. 12,0 12,1 "Disappearance and Loss, Love and Belonging". Landfall (en inglés). 2015-11-30. Consultado o 2023-05-10. 
  13. "Cross-cultural family saga fulfils hopes". Otago Daily Times Online News (en inglés). 2015-08-10. Consultado o 2023-05-10. 
  14. "Past Winners | New Zealand Book Awards Trust". www.nzbookawards.nz. Consultado o 2023-05-10. 
  15. "The Queen's Birthday Honours List 2007 | Department of the Prime Minister and Cabinet (DPMC)". www.dpmc.govt.nz (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  16. Graham-McLay, Charlotte (2020-02-23). "Patricia Grace's literary legacy: giving Māori characters their 'natural' voice". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-05-10.