Pastorale héroïque

O pastorale héroïque (en galego pastoral heroica) é unha peza lírica destinada á escena, desenvolvida en Francia durante os séculos XVII e XVIII.

O espírito e os principios son próximos aos da tragédie lyrique, distinguíndose desta no seu carácter máis lixeiro e por ter un número de actos reducido (polo xeral tres). Os argumentos permiten poñer en escena deuses e heroes da mitoloxía greco-romana clásica (de aí o seu nome), cunha intriga xeralmente centrada nos sentimentos amorosos.

As pastorais heroicas máis coñecidas son as de Lully (Acis et Galatée) e Rameau (Zaïs, Naïs etc.), mais este xénero tamén foi practicado por moitos dos seus contemporáneos.