Passiflora ligularis

especie de planta

Passiflora ligularis, popularmente chamada granadilla (non confundir coa milgrandeira, da especie Punica granatum) ou maracuxá doce, é unha planta trepadora pertencente á familia Passifloraceae orixinaria do centro de México, en toda América Central e o oeste de América do Sur, desde Colombia, Venezuela, Ecuador, oeste de Bolivia ao sur do Perú.

Descrición editar

É unha planta trepadora vigorosa que se une aos soportes mediante gabiáns. As follas son longas, basifixadas, enteiras, amplamente ovadas, profundamente cordadas, abruptamente subcaudadas-acuminadas, de 8-17 cm de longo, 6-15 cm de ancho; con pecíolos de 5-15 cm de longo, con 3-5 pares de glándulas filiformes alongadas; estípulas foliáceas, ovadas, de 1-3 cm de lonxitude. Pedúnculos de 2-5 cm de longo, articulados directamente debaixo da flor; brácteas implicadas e foliáceas, ovadas, de 2-4 cm. longo. As flores, con cheiro almizclado, miden 7-9 cm de diámetro; cáliz oblongo, de 3-5 cm de lonxitude; sépalos verde pálido estreitamente lanceolados de 3-4 cm de longo; pétalos brancos rosas; filamentos de coroa de cor púrpura azulado en dúas series, a máis externa tan longa como os pétalos.

O froito ovoide é unha baga verde cando está inmatura e vólvese de cor amarela laranxa con pequenas manchas brancas cando está madura. O seu tamaño é de 6,5 a 8 cm de longo e de 5,1 a 7 cm de diámetro. A casca é fina, lisa e quebradiza. A polpa (arilo), de sabor moi aromático, é de cor branca amarelada a laranxa con textura mucilaxinosa. Contén numerosas sementes planas e negruzcas.[2]

Passiflora ligularis
Valor nutricional por 100 g
Enerxía410 kJ (98 kcal)
2.20 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
8%
64 μg
Riboflavina (B2)
2333%
28 mg
Niacina (B3)
2320%
348 mg
Ácido pantoteico (B5)
1360%
68 mg
Vitamina B6
8%
0.100 mg
Vitamina C
36%
30.0 mg
Vitamina E
0%
0.02 mg
Vitamina K
1%
0.7 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
12 mg
Magnesio
8%
29 mg
Cinc
1%
0.10 mg
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
 
Semente
 
Sección do froito.
 
Flor e froitos.
 
Flor en detalle.

Distribución e hábitat editar

Esténdese desde o centro de México, por toda América Central e o oeste de América do Sur, desde Colombia, Venezuela, Ecuador, o oeste de Bolivia até o sur do Perú.[3] Cultívase e naturalízase en Xamaica e nas zonas montañosas de Haití. O seu hábitat natural son as zonas de clima subtropical xa que non resiste a calor, temperaturas entre 15° e 18 °C, 600 a 1000 mm de precipitación anuais e altitudes de 1700 a 2600 metros sobre o nivel do mar.[2]

Lugares de cultivo editar

Colombia é o primeiro produtor mundial deste froito, cunha produción que alcanzou as 53.000 toneladas en 2011, extraídas de preto de 4.600 hectáreas plantadas en todo o territorio nacional. Comercialízase con éxito en mercados nacionais e internacionais, principalmente no continente europeo. Os principais produtores de Passiflora ligularis son: Colombia, Ecuador, Costa Rica, o Perú e Bolivia. Os principais importadores son México, os Estados Unidos, o Canadá, Bélxica, os Países Baixos, Francia e España.[4]

Taxonomía editar

Passiflora ligularis foi descrita por Antoine Laurent de Jussieu e publicada en Annales du Muséum National d'Histoire Naturelle 6: 113–115, t. 40. 1805. [5]

Etimoloxía editar

Véxase: Passiflora

ligularis: epíteto latino que significa "con lígulas".[6]

Variedades aceptadas editar

  • Passiflora ligularis f. lobata (Mast. ) Killip

Sinonimia editar

  • Passiflora ligularis var. geminiflora DC.
  • Passiflora lowei Heer
  • Passiflora serratistipula DC.[7]

Nomes comúns editar

O seu nome en castelán e portugués varía en todo ámbito iberoamericano[8][9]: "granada china", "granada de moco" (México), "granadilla" (Andes), "granadita", "granadilla común" (Guatemala), "granadilla" (Ecuador), "parcha dulce", "parcha importada" (Venezuela), "pachío" (Bolivia), "maracujá doce" (Brasil).

Propiedades editar

Contén vitaminas A, B2, B3, B6, B9, C, E e K. Tamén contén minerais como calcio, cobre, ferro, magnesio, fósforo, potasio, selenio, sodio e cinc.[10] O zume ten:

  • propiedades dixestivas e diuréticas.
  • efectos antiespasmódicos.
  • favorece o sono.[11]

Notas editar

  1. Hernández & N. García. 2006. Las pasifloras (familia Passifloraceae). Libro Rojo Pl. Colombia 3: 3: 583–653.
  2. 2,0 2,1 "Sweet Granadilla". hort.purdue.edu. Consultado o 2022-06-05. 
  3. Acurio, Gastón (2008). Larousse de la gastronomía peruana: diccionario gatronómico ilustrado (en castelán). Lima: Q.W. Editores. p. 181. ISBN 9789972589379. 
  4. {http://www.agenciadenoticias.unal.edu.co/ndetalle/article/desarrollan-semillas-de-granadilla-mas-productivas.html Arquivado 22 de abril de 2020 en Wayback Machine. Desenrolan sementes de maracuxá doce máis produtivas], consultado o 23 de marzo de 2017. (en castelán)
  5. "Passiflora ligularis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de enero de 2015. 
  6. En Epítetos Botánicos
  7. "Passiflora ligularis". The Plant List. Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  8. "10 Benefícios do Maracujá-Doce – Para que Serve e Características". Dicas de Saúde (en portugués). 2016-12-30. Consultado o 2022-06-05. 
  9. Schwentesius Rindermann, Rita; Gómez Cruz, Manuel Ángel (1997). El maracuyá - Fruta de la Pasión. Situación y Tendencias de la Producción y el Comercio en México y en el Mundo. México: Centro de Investigaciones Económicas, Sociales y Tecnológicas de la Agroindustria y la Agricultura Mundial (CIESTAAM) de la Universidad Autónoma Chapingo. p. 32. ISBN 968-884-463-2. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2022. Consultado o 25 de novembro de 2022. En México, a especie máis coñecida desta familia é a chamada 'granada china' ou 'granada de moco' (P. ligularis, Juss.) 
  10. La Granadilla, consultado el 23 de marzo de 2017.
  11. "Passiflora ligularis (sweet granadilla)". www.cabi.org (en inglés). Consultado o 2022-06-05. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar