Pascual Rey Castro

fotógrafo galego

Pascual Rey Castro, nado en Ferrol cara a 1873 e finado en Madrid en febreiro de 1935,[1] foi un fotógrafo galego.

Infotaula de personaPascual Rey Castro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Mortefebreiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse na fotografía como afeccionado, cos consellos de Andrés Avelino Comerma Batalla. Iniciou as súas colaboracións coa prensa participando no concurso do semanario Revista Moderna e en 1898 publicou dúas fotografías na revista El Mundo Naval Ilustrado. En abril dese ano expuxo os seus retratos e en xuño obtivo o primeiro premio do certame da Revista Moderna. O ano seguinte obtivo unha mención honorífica no concurso de fotografías organizado por La Ilustración Española y Americana e o 30 de agosto abriu o seu gabinete fotográfico na rúa Real de Ferrol. En 1905 foi nomeado delegado na provincia da Coruña na Exposición Nacional de Fotografía en Madrid, e en 1908 obtivo a medalla de ouro e diploma na Exposición do Traballo e Progreso. Foi colaborador gráfico de Vida Gallega e ABC. En 1915 vendeu o seu gabinete fotográfico.

Presentouse ás eleccións municipais en 1909, pero non saíu elixido. Foi elixido vogal do Partido Democrático ferrolán en 1911.

Vida persoal editar

Casou con Carmen Arias García en 1898 e foi pai de Pascual Rey Arias.

Recoñecementos editar

Foi nomeado Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica en 1905.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 6-2-1935, p. 9.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar