Partido Occitano

partido político de Occitania
(Redirección desde «Partit Occitan»)

O Partido Occitano (en occitano: Partit Occitan; POC) é un partido nacionalista de Occitania. Formouse en Tolosa en 1987 da unión dalgunhas listas rexionalistas das eleccións de 1986 como Union Occitana de Tarn ou Per las regionalas, Los Regionalistas de l'Alta Garona, así como os restos de Volèm Viure al País e País Nòstre.

Partit Occitan (POc)
Partido político de Occitania
Dirixentes e organización
LíderGustave Alirol
(Voceiro)
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Rexións e Pobos Solidarios
Historia
Fundación1987
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo occitano
Esquerda
Representación
Consello Rexional de Occitania
1 / 158
Outros datos
SedeB. P. 31 16270 Romasieras
PublicaciónOccitània
Na rede
www.partitoccitan.org

Historia editar

Xa en 1985 representa a Occitania na Conferencia de Nacións Sen Estado de Europa Occidental (CONSEO) onde tamén participaron o Emgann (Bretaña), MCA (Córsega), Sinn Féin (Irlanda), Herri Batasuna (País Vasco), Bloque Nacionalista Galego (Galicia) e a Crida a la Solidaritat en Defensa de la Llengua, la Cultura i la Nació Catalanes.

Tense presentado cun certo apoio ás eleccións locais, xa que dominan algunhas comunas rurais, e ás rexionais en Linguadoc e Provenza. Forma parte da Alianza Libre Europea e tense proposto facer emerxer a cuestión occitana do dominio público, e relanzar un movemento occitanista crible en favor do recoñecemento occitano.

Programa e ideario editar

Os seus campos de acción política son a economía e o autogoberno, así como a preservación da natureza occitana, na loita contra a industria nuclear e demais problemas que afectan ós occitanos. Os principais obxectivos da nova formación política eran e son: comezar un auténtico movemento político Occitanista, por enriba de tódolos partidos e que loita por un propio goberno dos occitanos, a desalienación e concienciación da poboación occitana e facer chegar o caso occitano ó campo político.

Resultados electorais editar

Nas eleccións rexionais francesas de 1992 obtén o 5,87 % dos votos na Provenza. Nas eleccións xerais francesas de 1993, obtivo o 1 % no distrito de Ais de Provença (onde tivera o 0,73 % en 1992) e o 7,12 % en Castres (1,64 % en 1992). Pero nas xerais de 1997 tan só vai obter o 1,6 % en Occitania.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar