Partido Social-Revolucionario

O Partido Social-Revolucionario (cuxos membros eran denominados SR ou éseres; en ruso:Партия социалистов-революционеров (ПСР), эсеры) foi un partido político activo a primeiros do século XX.

Partido Social-Revolucionario
Logo
AcrónimoPSR
Tipopartido político
Ideoloxíasocialismo agrário, Socialismo democrático e federalismo
Data de fundación1900
Data de disolución1940
Presidente/aVictor Chernov (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
SedeMoscova
PaísImperio Ruso
editar datos en Wikidata ]
Propaganda do Partido Social-Revolucionario.

O partido fundouse en 1901 baixo o liderado de Viktor Chernov. O seu programa estaba baseado nunha ideoloxía socialdemócrata e conseguiu moitos apoios entre o campesiñado que particularmente abrazou a súa proposta de "socialización da terra", oposta ó programa bolxevique de "nacionalización da terra"[Cómpre referencia].

A formación política foi afastándose gradualmente da súa orixinal tendencia populista. Ó producirse a engalaxe económica rusa nos anos 90 do século XIX, intentaron xeneralizar as súas reivindicacións sociais desde as súas orixes rurais para atraeren unha agromante clase obreira urbana en rápido crecemento. A intención era a de ampliar o concepto de pobo para abranguer deste xeito todos os elementos da sociedade que tiñan razóns para desexar a destrución do sistema tsarista.

A Revolución Rusa de Febreiro, en 1917, elevou os SR a un papel político relevante, cun dos seus membros, Aleksandr Fedorovich Kerenskii, formando parte do goberno liberal, chegando co tempo a ser o seu presidente.

Tamén constituía unha fracción do partido a «Organización de Combate SR» (OCSR), un grupo terrorista dirixido por Gregori Gershuni que actuaba independentemente do partido para non desacreditalo. A OCSR foi imprescindible para a obra do partido, sendo responsable do asasinato do ministro de Interior, D. S. Spyagin, e máis tarde de N. M. Bodganovich, gobernador de Ufa. Gershuni foi traizoado polo seu lugartenente Yevno Azef, que resultou ser un axente da Okhranka, e detido e xulgado por terrorismo. Azef converteuse no novo líder da OCSR, aínda continuando como axente dobre de total confianza para a Okhranka[Cómpre referencia].

O SR continuaría desenvolvendo un papel central en política boicoteando eleccións, infiltrándose na policía secreta e perpetrando atentados co seu brazo armado.

En 1917, os SR dividíronse entre os que apoiaban o goberno provisional, establecido tras a Revolución de Febreiro, e os que apoiaban os bolxeviques, proclives a unha revolución comunista. Estes últimos eran denominados Social-Revolucionarios de esquerda (SR de esquerda) e constituían unha escisión de facto da á principal do partido, coñecida desde entón como «SR de dereita».

Os éseres caeron despois de que a Revolución de Outubro levara os bolxeviques ó poder, aínda que nas eleccións á Asemblea Constituínte resultaran ser o partido máis apoiado en todo o país, obtendo un 40 % do voto fronte ó 2 5% dos bolxeviques. Porén, estes disolveron a cámara e a partir de entón os social-revolucionarios perderon significancia política. O partido SR de esquerda formou unha coalición cos bolxeviques no goberno soviético, aínda que abandonaron esta posición tras a sinatura do Tratado de Brest Litovsk. Con todo, uns poucos SR de esquerda, como Mikhail Kalinin, acabaron uníndose ó Partido Comunista.

O SR e outros grupos antibolxeviques foron prohibidos en 1918 e a maioría de membros do partido derivaron ó terrorismo. Unha antiga SR, Fanya Kaplan, tratou de asasinar a Lenin como represalia pola ilegalización o 30 de agosto de 1918.

Moitos SR combateron os comunistas uníndose ó Exército Branco e ó Exército Verde durante a guerra civil rusa xunto ós menxeviques e outras formacións socialistas moderadas. A maior revolta contra os bolxeviques, a Rebelión de Tambov, foi dirixida por un SR, Alexander Stepanovich Antonov.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar