O Partido Pirata é un partido político que comezou a súa andaina en Suecia que busca a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, como o copyright e as patentes. No 2012 Pirata.gal preséntase ás eleccións galegas, con candidaturas en Pontevedra e Ourense.

Partido Pirata
Logo
Tipomovemento político
Ideoloxíademocracia virtual, Libertario, liberdade de informação e Neutralidade da rede
Data de fundación2006
Na rede
https://www.pp-international.net/
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A súa plataforma política tamén apoia o reforzo do dereito de privacidad, tanto en Internet como na vida real. O partido non se posiciona sobre outros temas polo que resulta imposible situalo en termos de dereita ou esquerda. Fundado o 1 de xaneiro de 2006, o partido contaría a principios de xullo con 7.326 afiliados. Este rápido crecemento débese en parte ao protagonismo que tivo esta formación nas protestas contra a pechadura do servidor de intercambio P2P Pirate Bay por parte da policía sueca. Ante a perspectiva de que sectores do electorado novo apoiasen o Partido Pirata nas eleccións, algúns partidos tradicionais, como o Partido Verde, o Partido Moderado e o Partido de Esquerda víronse forzados a cambiar as súas posicións sobre o copyright.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Fontes editar

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120925/AnuncioC3C1-240912-0004_gl.html Candidatura de Piratas.Gal nas galegas 2012