Partido Parlamentario Irlandés

O Partido Parlamentario Irlandés (en inglés Irish Parliamentary Party (IPP), máis coñecido como Irish Party ou Home Rule Party; en irlandés, Páirtí Parlaiminteach na hÉireann) foi un partido político nacionalista irlandés fundado en 1882 por Charles Stewart Parnell.

Partido Parlamentario Irlandés
Logo
AcrónimoIPP
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo irlandés
Data de fundación1882
Data de disolución1921
Fundador(es)Isaac Butt e Charles Stewart Parnell
editar datos en Wikidata ]
Charles Stewart Parnell, fundador do Partido Parlamentario Irlandés.

Características editar

Sucedeu á Liga da Home Rule como partido maioritario do nacionalismo irlandés. Os seus obxectivos principais eran a independencia lexislativa para Irlanda e a reforma agraria. Pretendían establecer as condicións axeitadas para o autogoberno irlandés mediante a aprobación de tres leis para o goberno autónomo irlandés. Disolveuse en 1921, ao se crear o Estado Libre Irlandés tras a Guerra de Independencia Irlandesa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar