Partido Comunista del Pueblo Castellano

O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Salamanca, Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos. Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.[1]

Partido Comunista del Pueblo Castellano
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Data de fundación2000
Data de disolución2011
SedeValladolid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

En 2011, debido ás disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia[2] unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.

Notas editar

  1. "Programa político de Esquerda Castellana". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2013. 
  2. Declaración constituínte de Comunistas de Castilla

Véxase tamén editar

Outros artigos editar