Partido Católico Tradicionalista

O Partido Católico Tradicionalista, ou partido mellista, foi un partido político español fundado en 1919 por Juan Vázquez de Mella como resultado do seu enfrontamento con Xaime de Borbón,[1] pretendente e máximo dirixente do carlismo.

Partido Católico Tradicionalista
Dirixentes e organización
LíderJuan Vázquez de Mella
Historia
Fundación1919
Disolución1931
Posicións políticas
IdeoloxíaTradicionalismo e mellismo

Traxectoria editar

A escisión no tradicionalismo entre partidarios e detractores de Mella produciuse trala publicación en El Correo Español (principal medio de difusión carlista) dunha mensaxe antixermanófila do pretendente, a pesar da oposición do entón director do xornal, Miguel Fernández Peñaflor.

Como resultado diso, Vázquez de Mella encabezou unha disidencia e fundou un tradicionalismo sen rei, aínda que ideoloxicamente indistinguible do carlismo. As figuras máis prestixiosas do carlismo pronunciáronse a prol de Vázquez de Mella. Ao abandonar toda pretensión dinástica, acentuou o seu carácter confesional católico e de patriotismo españolista, o que aumentaba as posibilidades de Vázquez de Mella como aglutinador das extremas dereitas.[2]

Na prensa, estableceuse unha loita polo control do órgano central de partido El Correo Español, que se saldou a favor de Xaime de Borbón. Vázquez de Mella expuxo a súa postura desde a tribuna acolledora de El Debate, e iniciou a publicación dunha Hoja Tradicionalista, que apareceu a mediados de marzo e publicouse sen periodicidade fixa nin indicación de data. Na primeira das Hojas Tradicionalistas, Mella consideraba ilusorio calquera levantamento contra o Exército, como o que os carlistas esperan, e propón os termos dunha nova alianza entre as forzas conservadoras e o exército «na loita contra o antimilitarismo e a desorde social».[2] Cando, o 16 de setembro de 1919, comeza a publicación de El Pensamiento Español, órgano da Comuñón ou Partido Tradicionalista, cuxos redactores foran expulsados en 1919 de El Correo Español, desapareceu a Hoja.[2]

O partido mellista apoiou a ditadura de Primo de Rivera e languideceu durante a mesma, especialmente trala morte de Vázquez de Mella. Segundo Josep Carles Clemente, os seus seguidores reintegráron en 1931 —os integristas faríano cara a 1932— no movemento carlista,[3] na Comuñón Tradicionalista.

Ideoloxía editar

Artigo principal: Mellismo.

A ideoloxía do partido baseábase na interpretación que facía Vázquez de Mella do tradicionalismo, e en particular propugnaba:

  1. Unión moral e separación económica da Igrexa e do Estado.
  2. Substitución do réxime parlamentario polo representativo.
  3. Autarquía de municipios e rexións, e defensa resolta da orde social fundado na harmonía de clases que forman o traballo integral.
  4. Política internacional orientada cara aos tres ideais en que desemboca a historia de España: dominación do Estreito, federación con Portugal, e confederación cos Estados Hispanoamericanos.

Notas editar

  1. Clemente (1999), pp. 21-22.
  2. 2,0 2,1 2,2 Sáiz & Cruz Seoane (1996), pp. 276-277.
  3. Clemente (1999), pp. 20-22.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Clemente Muñoz, Josep Carles (1999). Seis estudios sobre el carlismo (en castelán). Madrid: Huerga y Fierro Editores. ISBN 9788483741528. 
  • Sáiz, María Dolores; Cruz Seoane, María (1996). Historia del periodismo en España. 3. El siglo XX: 1898-1936 (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-8159-8. 

Outros artigos editar