Parque natural da Serra e dos Canóns de Guara

Serra e Canóns de Güara
Marco Legal
Figura de Protección: Parque Natural
Ano de constitución: 1990
Superficie: 81.225 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Huesca
Concellos: Abiego, Adahuesca, Aínsa-Sobrarbe, Alquézar, Arguís, Bárcabo, Bierge, Boltaña, Caldearenas, Casbas de Huesca, Colungo, Huesca, Loporzano, Nueno, Sabiñánigo
Ríos: Alcanadre, Vero, Formigal, Flumen, Mascún, Guatizalema
Picos Tozal de Guara (2077m)
Direccións de interese: Oficina do Parque. Ctra Rodellar s/n, Bierge,
Teléfonos: 974 31 82 38

O Parque Natural da Serra e dos Canóns de Guara atópase na Comunidade Autonómica de Aragón, distribuído ó longo das comarcas de Alto Gallego, Hoya de Huesca, Sobrarbe e Somontano de Barbastro.

Xeografía editar

A Serra de Guara é unha muralla calcaria que delimita o límite meridional dos Pireneos Oscenses. Na parte central desta Serra atópase o Parque Natural. Sendo este o de maior extensión de Aragón e Espazo de Especial Protección para as Aves (ZEPA). O territorio e paisaxe caracterízanse pola súa complexidade xeolóxica debida á acción erosionadora do vento e a auga nun terreo calcario sumamente permeable e poroso. Así son comúns os canons percorridos por ríos, os acantilados, os barranquos, os Rochedos calcarios coma o Salto de Roldán, as covas, saltos de auga e vales.

Fauna e flora editar

Salientar a variada flora e fauna autóctona, sendo un dos territorios máis importantes de Europa en canto á conservación das aves rapaces. Aquí o Quebraosos ten un dos seus refuxios máis importantes. Entre a flora destacar as plantas rupícolas coma a Orella de Oso e a Coroa do Rei. Ademais hai que engadir o gran valor do patrimonio artístico, subliñable pola presenza de restos de pinturas rupestres e construcións megalíticas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar