Parque de atraccións

parque con atraccións e espectáculos

Un parque de atraccións é un tipo de parque de diversións e lecer no que se atopan atraccións mecánicas, espectáculos, tendas, restaurantes e outros tipos de infraestruturas destinadas sobre todo ao tempo de lecer e sen apenas tematización.

As montañas rusas: Shambhala e Drangon Khan no parque temático PortAventura World en Tarragona.

Características editar

Non teñen unha tematización moi definida (zona da natureza, por exemplo). Se están divididos en zonas temáticas definidas, trátase de parques de atraccións temáticos ou simplemente parques temáticos. Poden ser de pequeno tamaño e poucas atraccións, ou ben grandes recintos con numerosas e grandes atraccións.

Hainos cun sistema de pagamento no que se paga por atracción montada, ás veces a través de sistemas de puntos (fichas) que nalgúns parques teñen o seu propio nome, e de sistema de pagamento en que se adquire unha entrada xeral con acceso de balde a todas ou case todas as atraccións e espectáculos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar