Parque Nacional de Redwood

O Parque Nacional Redwood, asentado nunha rexión litoral montañosa, a carón do océano Pacífico, ao norte de San Francisco, é un monte de sequoias, as árbores de maior altura do mundo. A vida mariña e terrestre son tamén notables, en particular os leóns mariños, a aguia de cabeza branca e o pelicano pardo da California, en perigo de extinción.

Parque Nacional Redwood
Vista da copa das sequoias
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEstados Unidos
Localización41°10′N 123°59′O / 41.167, -123.983
TipoNatural
Criterios(vii)(ix)
Inscrición1985
Rexión da UNESCONorteamérica
Identificador134

A cidade mais próxima do parque é Crescent City. O parque ocupa unha área de 53.413 hectáreas e foi estabelecido a 1 de xaneiro de 1968.

Tamén foi declarado Patrimonio Mundial da Unesco en 1985

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar