Parque Nacional Monte Parnaso

O Parque Nacional Monte Parnaso atópase no centro de Grecia

Datos de interese editar

O Parque Nacional creouse no 1983 e protexe o Monte Parnaso e maila súa area de influencia. O hábitat característico é o montañoso. A zona protexida abrangue 3.500 hectáreas.

Flora e Fauna editar

Existen importantes forestas de abeto grego (abies cephalonica). Tamén está presente o piñeiro negral e diferentes especies do xénero Juniperus. Importante presenza do chacal mouro (canis aureus), do teixugo e do xabaril. Entre as aves salientar as aves de presa, coma a aguia real, a aguia albela e a aguia calzada.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar