Un parladoiro[1] ou faladoiro é calquera lugar onde se reúnen persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade.

Fiestra con parladoiro nunha casa en Padrón.

En construción denomínase parladoiro á fiestra que conta con dous asentos aos lados e que permite sentar para ollar pola ventá ou para falar con outra persoa que senta enfronte, de aí o nome[2]. Consiste nun van no que sobresaen cara ao oco dúas pedras das xambas a xeito de asentos. Dáse nas casa grandes, nos pazos, nos castelos e nalgunhas vivendas. Acostuman estar nas ventás da sala de respecto ou da cociña; sempre no sobrado da vivenda.

Notas editar

  1. Denominación galega en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1160954&sinom=0 |título=Denominación e definición galega en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021124848/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1160954&sinom=0 |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}

Véxase tamén editar

Outros artigos editar