A Pariser Platz (en galego: Praza de París) é unha praza do centro de Berlín, Alemaña. A praza atópase ao final do bulevar de Unter den Linden, xusto despois da Porta de Brandeburgo. A praza recibiu o nome da capital de Francia, en referencia á ocupación aliada de París en 1814. A praza constitúe un dos principais atractivos turísticos da capital xermana.

A Pariser Platz coa Porta de Brandeburgo.
Imaxe da Porta de Brandeburgo en 1871 conmemorando a vitoria da guerra franco-prusiana.
Pariser Platz en 1982.

Historía editar

A Pariser Platz ou Praza de París, é unha praza situada xusto despois da Porta de Brandeburgo en dirección ao centro de Berlín dende o oeste de Tiergarten. A arquitectura neoclásica da Porta de Brademburgo foi completada a comezos da década de 1790 por Carl Gotthard Langhans. Ata 1814 a praza era coñecida sinxelamente por Viereck (a Praza). En marzo dese mesmo ano, cando as tropas prusianas xunto aos aliados prenderon París tralo derrocamento de Napoleón, a praza foi renomeada Pariser Platz para marcares este triunfo.

A Porta de Brandeburgo era a porta principal de acceso da parte oeste das fortificacións que rodeaban á vila no século XVIII, sendo a Pariser Platz na parte oeste do final de Unter den Linden, o eixo cerimonial da cidade por onde marcharon triunfantes dende as tropas dos Hohenzollern ata as da República Democrática Alemá.

Antes da segunda guerra mundial, a Pariser Platz era a principal praza de Berlín, estando franqueada polas embaixadas dos Estados Unidos e Francia, o Hotel Adlon (o mellor hotel no momento), a Academia de Artes, e algúns bloques de vivendas e oficinas.

Durante a segunda guerra mundial os inmbles que rodeaban á praza foron esnaquizados e reducidos a cascallos polos ataques aéreos que sufriu a cidade. A única estrutura que sobreviviu aos ataques na Pariser Platz foi a Porta de Brandeburgo, restaurada con posterioridades polos gobernos do leste e oeste de Berlín. Trala guerra, e especialmente trala construción do Muro de Berlín, a construción quedou en terra de ninguén na zona que separaba as dúas áreas que separaba o muro.

Coa reunificación de Alemaña en 1990, houbo un amplo consenso para devolverlle á praza o seu esplendor do pasado. Co plan de reconstrución volverían as embaixadas, o hotel e maila academia de artes, serían promovidas tamén a construción das sedes de importantes firmas ao redor da praza.

Residentes de renome editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • In Pariser Platz - design and construction of town square in Berlin, Germany, by Anne Vyne, in The Architectural Review, No. 1, 1999.

Ligazóns externas editar