Os parentosomas ou parentesomas son un tipo de orgánulo celular que aparece nas células da maioría dos fungos basidiomicetos, que está situado a ambos os lados do poro do septo que separa as células das hifas do fungo. Ditos poros nos basidiomicetos teñen forma de barril e reciben o nome de doliporos e sobre eles, tapándoos parcialmente por ambos os lados, están situados os parentosomas.

A súa existencia xa se coñecía desde 1933 grazas aos traballos iniciais sobre a materia de Buller, pero foron Moore e McAlear en 1962 os que denominaron a estas estruturas dos septos como doliporo e parentosoma (parenthesome), respectivamente, xa que os parentosomas eran como cúpulas con forma de parénteses ortográficas situadas sobre os poros septais. A forma destes orgánulo é moi variada, e poden ser perforados, imperforados, divididos en varias seccións cupuliformes ou con varias aberturas e sección descontinua. As variacións na súa forma serven para identificar especies e grupos e establecer as súas relacións filoxenéticas.

A función destes orgánulos non está clara e a súa composición non foi aínda completamente establecida.

Esquema da situación dun parentosoma na célula. 1. parentosoma. 2. doliporo no septo que separa as dúas células. 3. parede celular. 4 e 5. dúas células da hifa do fungo.

Notas editar

  • Müller W. H. et al., Structural differences between two types of basidiomycete septal pore caps, Microbiology 1998 Jul; 144 (Pt 7):1721-30.
  • Sneh, B, et al., Rhizoctonia Species: Taxonomy, Molecular Biology, Ecology, Pathology and Disease Control. Springer, 1996.
  • Buller, A.H.R., The translocation of protoplasm through septate mycellium of certain Pyrenomycetes, Discomycetes and Hymenomycetes. "Researches on Fungi", vol V, p. 75-167. Londres. Longmans. 1933.
  • Moore R.T., McAlear, J.H., Fine structure of mycota. 7. Observations on septa of ascomycetes and basidiomycetes. "American Journal of Botany" 49, pp. 86–94. 1962.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

A. Marie Patton, Roger Marchant. A Mathematical Analysis of Dolipore/Parenthesome Structure in Basidiomycetes. 1978. https://web.archive.org/web/20101224065638/http://mic.sgmjournals.org/cgi/reprint/109/2/335.pdf