Parella é un termo coloquialmente empregado para identificar a persoa coa que se está a manter unha relación íntima sen revelar nin presumir nada sobre o estado civil, status da relación ou orientación sexual. O seu uso na psicoloxía e na socioloxía é moi diferente do seu uso coloquial. En psicoloxía, unha parella é calquera persoa que ten unha grande importancia na vida do individuo. En socioloxía, describe calquera persoa ou persoas cunha forte influencia no autoconcepto do individuo.

Parella.

Actividades e características antropolóxicas editar

Á actividade de parella pódese chamar "saír"[1] (frecuentar, por motivos amorosos ou de amizade, o trato doutra persoa) ou "facer as beiras"[2] (comezar relacións amorosas ou sexuais pasaxeiras). Poden incluír desmostracións afectivas de intimidade física, con relacións prematrimoniais (ou extramatrimoniais se algún dos individuos está casado con outra persoa) e tradicionalmente concubinato, aínda que existen novos conceptos o da amizade con dereito a rozamento, nos que o requisito da fidelidade non se dá por suposto (relación aberta).

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar