Paraplagusia
Paraplagusia | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Paraplagusia é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos.[1]
O xénero comprende seis especies propias da rexión Indo-Pacífica, onde se encontran comunmente en augas pouco profundas sobre fondos lamacentos ou areosos. A especie máis grande alcanza os 35 cm de lonxitude.[2]
Taxonomía editar
O xénero foi creado en 1865 polo naturalista e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[1]
Sinónimos editar
Ademais de polo nome Paraplagusia, o xénero foi coñecido polo sinónimo Rhinoplagusia Bleeker, 1870.[1]
Especies editar
Na actualidade no xénero recoñécense as seguintes 6 especies:[1][2]
- Paraplagusia bilineata (Bloch, 1787)
- Paraplagusia blochii (Bleeker, 1851)
- Paraplagusia guttata (Macleay, 1878)
- Paraplagusia japonica (Temminck & Schlegel, 1846)
- Paraplagusia longirostris Chapleau, Renaud & Kailola, 1991
- Paraplagusia sinerama Chapleau & Renaud, 1993
Porén, algúns autores consideran unha especie máis, Paraplagusia unicolor (Macleay, 1881),[3] mentres que outros, como Kottelat, cambian o nome de Paraplagusia blochii (Bleeker, 1851) polo de Paraplagusia bleekeri Kottelat, 2013.[4]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Paraplagusia Bleeker, 1865 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Paraplagusia en FishBase.
- ↑ Paraplagusia Bleeker, 1865 no ITIS.
- ↑ Kottelat, M. (2013): "Nomenclature and identity of the tongue soles Paraplagusia bilineata, "Cynoglossus bilineatus" and Paraplagusia blochii (Teleostei: Pleuronectiformes) Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. The Raffles Bulletin of Zoology, 61 (2): 763–766.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, EUA: Prentice-Hall.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Paraplagusia na EOL. Informacións, im axes e mapas de distribución (en inglés).