O parapente é un deporte aéreo. O seu nome é debido ás súas orixes, "paracaídas de pendente".

Abrindo o parapente en Covas, Ferrol.
Voando sobre a Torre de Hércules.

Historia editar

A xente que practicaba paracaidismo, e tamén alpinismo, atopou un xeito de descenso rápido. Co tempo, a feitura dos parapentes foi mellorando de tal forma que na actualidade non só serven para descender botándose dunha montaña, senón tamén de facer auténticos voos remontando sobre o punto de engalaxe. Isto conséguese a base de aproveitar as correntes térmicas ascendentes igual que fan as aves. Na actualidade ás veces pódense facer voos de centos de quilómetros.

Equipamento necesario editar

O equipo básico necesario para iniciarse na arte de voar en parapente inclúe:

  • A vela, corpo principal do parapente, pódese adquirir de acordo a tres graos: 1 a 2 (voo de iniciación) e 3 (voo de competición).
  • Algunhas cadeiras posúen unha protección especial na zona das costas.
  • O casco, onde,os máis caros,caracterízanse por unha protección maxilar e alta tecnoloxía na súa fabricación.
  • Finalmente, é necesario contar con calquera equipo de radio (banda civil) para manter o contacto coa terra.

Galería de imaxes editar