Na escrita, un parágrafo é unha unidade organizativa do texto que serve para indicar como se agrupan as ideas principais.

Parágrafos identados amosados na Constitución dos Estados Unidos de América.

Características editar

En lingüística textual, os parágrafos trátanse como indicadores da macro-estrutura dun texto. Agrupan oracións que van xuntas, normalmente porque tratan do mesmo tema. Así, un parágrafo novo indica unha mudanza de tema ou sub-tema[1].

En tipografía, un parágrafo é un bloque de texto. Os parágrafos sepáranse entre si mediante unha liña en branco e a súa primeira liña vai normalmente indentada (máis separada da marxe). Esta última convención non é frecuente nas páxinas web. Os símbolos de parágrafo son § e . Estes símbolos utilizábanse na Idade Media para separar temas cando aínda non se establecera a convención de separalos en parágrafos.

Notas editar

  1. Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Gramática da Lingua Galega IV. Gramática do texto. Vigo: Edicións A Nosa Terra. p. 41. ISBN 8483410672. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar