Paolo Rossi

futbolista italiano

Paolo Rossi, nado na provincia de Prato o 23 de setembro de 1956 e finado en Siena o 9 de decembro de 2020,[1] foi un futbolista italiano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección italiana. No ano 1982, levou a Italia a conquista-lo título mundial por terceira vez. Ao anotar seis goles fíxose coa Bota de Ouro e co Balón de Ouro. Até o de agora é o único xogador en gaña-los tres premios nunha soa competición.

Infotaula de personaPaolo Rossi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Prato, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Siena, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaVicenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Peso67 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1987), político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAliança Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1973-1975 Juventus FC 0(0)
1975-1976cesión Como 1907 6(0)
1976-1980 Vicenza Calcio (pt) Traducir 94(60)
1979-1980cesión AC Perugia Calcio 28(13)
1981-1985 Juventus FC 83(24)
1985-1986 A.C. Milan 20(2)
1986-1987 Hellas Verona F.C. 20(4) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1976-1978   Italia sub-21 10(5)
1977-1986   Italia 48(20) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1986Mundial de Fútbol México 1986
1982Mundial de Fútbol España 1982
xuño de 1978Mundial de Fútbol Arxentina 1978 Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpablitorossi.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1448618 FIFA: 44582 UEFA: 7665 Find a Grave: 219579604 Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Os comezos editar

Rossi naceu en Santa Lucía, na Toscana. O seu debut profesional prodúcese no Como, equipo ao cal a Juventus o enviara para que fose collendo experiencia. Pouco despois chega ao Vicenza. Na tempada 1976-77 o goles de Rossi levan á escuadra á primeira división italiana, a Serie A. Ao ano seguinta anota 24 goles, polo que é chamado para a selección que disputa o Mundial de Fútbol Arxentina 1978. Aquí Paolo Rossi confírmase coma un dos grandes goleadores daqueles tempos. En 1979 o Vicenza descende á Serie B, e o xogador é cedido ao Perugia.

Escándalo editar

Na súa estancia no Perugia viuse involucrado nun escádalo de apostas, o chamado (Totonero)), co resultado de que Rossi foi suspendido por dous anos. El sempre dixo que era inocente e que esta condena era unha inxustiza. No seu libro "Ho fatto piangere il Brasile" unha das persoas que o acusaran admite que os cargos que se lle imputaron eran unha invención.

Mundial de 1982 editar

Rossi volta da suspensión xusto a tempo para disputalo Mundial de Fútbol España 1982, mais tanto a prensa coma os seareiros italianos concidían en que estaba nun pobre estado de forma. E dende logo nos tres primeiros encontros non lles deu motivo para mudaren a súa opinión.

O adestrador italiano, Bearzot, seguiu a confir nel cara a segunda fase do torneo, ande se enfrontarían á Arxentina e ó Brasil, o favorito para facerso co campionata. Aquel Brasil contaba cunha morea de estrelas coma Zico, Sócrates, Falcão... Mais Rossi respondeu ao desafío. Marcou os tres goles na vitoria contra o Brasil por 3-2.

Nas semifinais, contra Polonia marcou outros dous goles, e na final contra a Alemaña anotou o primeiro gol. Italia remataría gañando a final por 3-1. Os seus méritos neste mundial outorgáronlle o Balón de Ouro de 1982.

Últimos anos editar

En 1982 foi para a Juventus onde conseguiu gañar unha Recopa en 1984 e a Copa de Europa en 1985.

Pouco despois pasou polo AC Milán e finalmente rematou os seus días de futbolista no Verona, onde se retirou en 1987.

Tamén se dedicou á construción. Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos.

Notas editar

  1. Cugini, Mimmo (10 de decembro de 2020). "È morto Paolo Rossi, simbolo dell'Italia Mondiale del 1982". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 10 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar