Pandulfo IV de Benevento

Pandulfo IV, finado na batalla de Montesarchio o 7 de febreiro de 1074, foi copríncipe de Benevento co seu pai Landulfo VI desde 1056, cando o seu avó Pandulfo III aínda reinaba, ata a súa propia morte en batalla, anterior á do seu pai.

Infotaula de personaPandulfo IV de Benevento
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Morte7 de febreiro de 1074 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Prince of Benevento (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLandulfids (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLandulfo VI de Benevento Editar o valor em Wikidata
ParentesPandulfo III de Benevento (avó) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Probabelmente en 1059, o vello Pandulfo abdicou e retirouse ao mosteiro de S. Sofia, deixando como príncipes a Landulfo e ao xove Pandulfo. Pandulfo estaba presente probabelmente o 1 de outubro de 1071 na consagración da abadía de Monte Cassino. Non aparece na carta de 12 de agosto de 1073 na que o seu pai xura fidelidade ao papa Gregorio VII. Nese momento, así e todo, Landulfo non volve aparecer nas crónicas e Pandulfo semella que asumiu as principais responsabilidades como príncipe. Pandulfo combateu contra os normandos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma, 2004.