Panay é unha illa filipina do arquipélago das Visayas. Ten 11.514 km². Distínguense na mesma tres rexións: a occidental, con montañas de ata 2.180 m; a chaira central, percorrida polos ríos Sibalom, Jaro e Jalaud; e os outeiros do leste.

Panay
Simsiman
Localización de Panay
Vista da cidade de Iloilo
Situación
País Filipinas
ArquipélagoIllas Visayas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas11°09′N 122°29′L / 11.150, -122.483
Xeografía
Superficie12.297 km²
Punto máis alto2.117 m. Monte Madias
Demografía
CapitalIloilo city
Poboación4.477.247 hab. (2015)

As principais cidades son Iloilo e Roxas. A súa economía baséase no sector primario: azucre, arroz, pesca. Tamén se explotan as selvas (ébano) e extráense cobre, carbón, manganeso, cromo e mercurio.

O nome da illa foi dado polos Estados Unidos de América a algúns dos seus barcos, o máis coñecido foi o USS Panay, lancha canoneira do río Yang-Tse-Kiang, que as tropas xaponesas ametrallaron ata afundilo, en decembro de 1937, durante o saqueo de Nanjing. O incidente do Panay provocou por milagre só dous mortos nas numerosas persoas de orixe occidental que se refuxiaran a bordo, fuxindo das tropas xaponesas. Todo o acontecemento foi filmado ao longo por correspondentes de guerra de varios países que estaban a bordo. Un mes despois, as películas difundidas nos Estados Unidos durante o período das festas de fin de ano provocaron a ira do pobo e numerosas manifestacións esixindo unha reaccion enérxica do goberno. Roosevelt ameazou con declarar a guerra ao Imperio do Xapón, pero o goberno nipón, ao seu pesar, escusouse abundamente do "erro" dos seus soldados e pagou unha gran multa aos americanos.

Xeografía editar

O Monte Nangtud, é o punto máis alto na illa de Panay que se atopa a 2.205 m. sobre o nivel do mar. Boracay é unha illa a 2 km ao noroeste e parte da provincia de Aklan, é un destino turístico popular.

Divisións administrativas editar

A illa está cuberta por 4 provincias, 92 municipios, e desde 2014, 3 cidades (93 municipios se inclúese o grupo de Illas asociadas de Caluya), todas baixo a xurisdición da rexión de Visayas Occidental.

Escudo Provincia Poboación
(2015) censo [1]
Superficie Densidade Capital Concellos
(incluíndo
Illas asociadas*)
Cidades Localización
Aklan 574.823 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 290 hab/km² Kalibo  
  Antique 582.012 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 200 hab/km² San Jose de Buenavista  
Capiz 761,384 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 280 hab/km² Roxas Roxas  
  Iloilo 2.384.415 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 440 hab/km² Iloilo City Iloilo
Passi
 
Escudo Provincia Poboación
(2015)
Superficie Densidade Capital concellos Cidades Localización

Notas: O concello de Caluya na provincia de Antique está composta por illas separadas que se inclúen baixo os grupo de illas de Panay. As cifras de Iloilo inclúen a cidade independente de Iloilo.

Notas editar

  1. "PSGC Interactive; List of Provinces". Philippine Statistics Authority. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar