Palmeira de California

especie de planta
Palmeira de California

Washingtonia filifera en California
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Coryphoideae
Tribo: Corypheae
Subtribo: Livistoninae
Xénero: Washingtonia
Especie: 'W. filifera'
Nome binomial
'Washingtonia filifera'
(Lindl.) H.Wendl.

A palmeira de California (Washingtonia filifera) é unha especie arbórea da familia das Arecáceas. É, xunta as Phoenix canariensis e Phoenix dactylifera, unha das principais especies de palmeira que se utilizan na xardinaxe en climas mediterráneos. En Galiza plántase nalgúns xardíns costeiros tanto privados coma públicos, sendo máis frecuente nas Rías Baixas.

Detalle da folla

Distribución e hábitat editar

A súa orixe vén das áreas subdesérticas de California. En boas condicións para o seu crecemento, acada até os 23 metros de altura (algunhas incluso 30 m). O seu nome fai honra a George Washington, o primeiro presidente dos Estados Unidos.

As condicións ideais son os veráns calorosos, mais no inverno ten unha relativa resistencia ao frío, xa que pode aturar xeadas de curta duración de até 10 graos baixo cero.

Descrición editar

As súas principais características diferenciadoras a respecto do xénero Phoenix é que ten follas palmadas (ou sexa, os folíolos saen radialmente do mesmo punto no extremo do pecíolo, no canto de se dispor ao longo do raque como as barbas dunha pluma) e o toro é moito máis magro e alto (máis de 15 metros). O toro posúe pequenas marcas de fendas engurradas ou esta parcialmente cuberto por restos foliares, a súa base está enlargada. Posúe un froito elíptico ou oval, negro de 0,6 cm de diámetro.

Taxonomía editar

Washingtonia filifera, a palmeira de California, foi descrita por (Lindl.) H.Wendl. e publicado en Botanische Zeitung (Berlin) 37(5): 68. 1879.[2]

Etimoloxía

Washingtonia: nome xenérico que leva o nome de George Washington.

filifera: epíteto latino que significa "con fíos".[3]

Sinonimia
  • Brahea dulcis J.G.Cooper
  • Brahea filamentosa S.Watson
  • Brahea filifera (Linden ex André) W.Watson
  • Livistona filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi)
  • Neowashingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Sudw.
  • Neowashingtonia filifera (Linden ex André) Sudw.
  • Pritchardia filamentosa H.Wendl. ex Franceschi
  • Pritchardia filifera Linden ex André
  • Washingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Kuntze
  • Washingtonia filifera var. microsperma Becc.
  • Washingtonia filifera var. typica M.E.Jones[4]

Notas editar

  1. Johnson (1998). Washingtonia filifera. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 11 May 2006.
  2. "Palmeira de California". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de outubro de 2012. 
  3. en Epítetos Botánicos
  4. "Washingtonia filifera (Rafarin) H.Wendl. ex de Bary". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-02-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar