Pallium (manto romano)

O pallium ou palio (feminino: palla; diminutivo: palliolum) era o manto romano que era levado tanto por homes como por mulleres.

Pallium sobre un quitón.

Era unha peza de tea de forma cadrada,[1] tal como foi o himation na antiga Grecia.

Non debe ser confundido co palio da Igrexa católica, que está relacionado co omoforio.

Orixe editar

O palio, que foi considerado nun principio exclusivamente grego e desprezado polos romanos, foi utilizado amplamente pola xente común, os filósofos e pedagogos e, finalmente, substituíu a toga no século II a.C. na vida común.[2]

Características e uso editar

O material desta capa era xeralmente la,[3] liño ou algodón, pero para as clases superiores podían estar feitos de seda, con fíos de ouro,[4] e bordados.

A indumentaria variou en textura, cor e ornamento. Podía ser de cor branca, vermella púrpura (extraída do Bolinus brandaris negro),[5] amarela, azul, verde pálida, etc.

Despois da súa extensión tamén podía usarse como manta.

En opinión de Tertuliano, o palio, que el adoptou a toga ad pallium!, foi o manto dos filósofos e dos cristiáns.[6]

Notas editar

  1. Tertuliano, De Pallio, I.
  2. de Sousa Congosto, Francisco (2007). AKAL, ed. Introducción a la historia de la indumentaria en España. Madrid: Istmo. p. 38. ISBN 978-84-7090-429-5. Consultado o 3 de xullo de 2022. 
  3. Plauto,Miles Gloriosus, III, 1 93.
  4. Virxilio, Eneida, IV, 262-264.
  5. Apuleio, O asno de ouro, XI, 3
  6. Artigo en francés sobre De Pallio.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tertuliano, De Pallio.
  • Suetonio, De Genere Vestium.
  • Judith Lynn Sebesta, The World of Roman Costume, Madison WI, University of Wisconsin Press, 1994.
  • Gaston Boissier, "Le traité du manteau de Tertullien", Revue des Deux Mondes, 94/5, 1889, pp. 50-78.