Paleo, Carral

parroquia civil do concello de Carral

Santo Estevo de Paleo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral e contén a súa capital administrativa. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.308 habitantes (1.604 mulleres e 1.704 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.002 habitantes. Ten unha área de 8,17 km².

Paleo
Igrexa de Santo Estevo de Paleo.
ConcelloCarral[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°13′29″N 8°22′06″O / 43.2246, -8.3682Coordenadas: 43°13′29″N 8°22′06″O / 43.2246, -8.3682
Poboación3.308 hab. (2018)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Aparece citada no Documento Tructinio, do ano 868, que fai referencia ás parroquias do territorio de Nemitos ou Nendos: «Noticia de ecclesiis que sunt in Nemitos de sede hyriense ex antiquo: id est., scm. Tirsum de Mauegondo; scm. Stephanum de Paleo; scm. Vincentium de Celia sea. Maria de Porcimilio; scm. Julianum de Mandagio; scm. Stephanum de Piauela; sea. Eulalia de Sepelunca sea. Eulalia de Avegondo; scm. Martinum de Bandogia sea. María de Revoreda».

No adro desta igrexa fusilaron en 1846 o coronel Miguel Solís, un dos Mártires de Carral.

Cultura editar

Topónimo editar

Paleo podería ser un topónimo xermánico, inda que non se coñece o seu significado.[2][3]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Paleo editar

Lugares da parroquia de Paleo no concello de Carral (A Coruña)

As Ameixeiras | Ans de Tellado | Belvís | Cabrois | Carral | O Casal | Os Chás | Coiro | Fócanos | O Marco das Eiras | O Outeiro | Outra Aldea | O Paraíso | O Pedreiro | Quenllo | Reboredo | O Xalo

Parroquias de Carral editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carral

Beira (Santa Mariña) | Cañás (Santa Baia) | Paleo (Santo Estevo) | Quembre (San Pedro) | Sergude (San Xián) | Sumio (Santiago) | Tabeaio (San Martiño) | Vigo (San Vicente)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Erias Martínez, A. (1990). "O xacemento arqueolóxico de Paleo (Carral): dun machado da cultura megalítica a unha necrópole tardorromana e/ou altomedieval". Anuario Brigantino (Betanzos) (13): 27–46. 
  3. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar